UVIGO
FILLOAS

Actividades para celebrar o Día das Letras Galegas

A Concellería de Normalización Lingüística desenvolve ao longo do mes de maio actividades para celebrar o Día das Letras Galegas. Un programa para todos os públicos con diversos formatos, como xogos, contacontos, teatro ou percorridos e no que terá especial protagonismo o autor Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado deste ano.

Pakolas | Páxina de Facebook do artista

Para que non te perdas nada deixámosche un breve resumo da programación, consulta todos os detalles na nosa axenda.

PARA OS MÁIS PEQUENOS

  • ‘Dende Valdeorras a México. Terra a Nosa!’: Actividade de contacontos ilustrado en homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.

Venres, 6, ás 17:30 na Ludoteca do pavillón de Coia (Avda. de Castelao, s/n)
Domingo, 15, ás 12:30 no Verbum (Avda. de Samil, 17)
Xoves, 26, ás 17:30 na Casa da Xuventude (López Mora, 31)

  • O país da choiva‘: Contacontos a cargo do escritor Miguel Anxo Alonso Diz.

Sábado, 7 ás 12:30 no vestíbulo do Auditorio municipal (praza do Rei, 1)

  • Contos diversos: Contacontos a cargo de Miguel Anxo Alonso Diz, fomentarase mediante a participación valores de igualdade, respeto e diversidade.

Domingo, 8 ás 12:30 no Verbum (Avda. de Samil, 17)

  • Rockeando con Ramona Órbita: Paco Cerdeira, coñecido como ‘Pakolas‘, presentará un espectáculo a través da súa guitarra e a súa voz.

Sábado, 14 ás 12:30 no Verbum (Avda. de Samil, 17)

  • Gran xogo sobre as Letras Galegas: Actividade familiar participativa para aprender sobre escritores, actores ou ilustradores mentres pasan un bo rato.

Domingo, 22 ás 12:00 no Verbum (Avda. de Samil, 17)
Inscrición a partir do luns 16 de maio. Deben chamar por teléfono ao 010 ou 986 81 02 60
e indicar os nomes e apelidos das persoas que participarán, as idades das crianzas e teléfono de contacto
Sábado, 28 ás 12:30 no vestíbulo do Auditorio municipal (praza do Rei, nº 1)
Inscrición a partir do luns 23 de maio. Deben chamar por teléfono ao 010 ou 986 81 02 60
e indicar os nomes e apelidos das persoas que participarán, as idades das crianzas e teléfono de contacto

  • Percorrido literario “O Vigo dos Cantares” (Rosalía e a familia Chao)

PÚBLICO ADULTO

  • ‘Libre coma os paxaros’: Obra teatral sobre Rosalía de Castro

Venres, 20 ás 20:00 no Auditorio municipal (praza do Rei, nº 1)

CAMELIAS NADAL
The following two tabs change content below.