VIALIA
bannerPicnicSesions

Gloria Domecq: saciándonos de felicidade

Gloria Domecq Cátering é un servizo de menús para ocasións especiais protagonizados por materia prima galega cociñada de xeito orixinal e pola exquisita presentación dos seus pratos e mesas.

Antes de lanzarse coa súa empresa de catering de eventos en 2020, Gloria Domecq foi dona dun obrador artesán e traballou en cociñas en varios países. Hoxe en día dirixe un dos servizos de comida máis recoñecidos e solicitados para ocasións especiais, unha empresa con sete anos de experiencia que podemos encontrar en pazos como a Quinta de Couselo ou contactar para os nosos eventos privados.

“Artesanal e de calidade”, así define Gloria a comida que prepara, dando sempre moita importancia á presentación. Nos seus pratos hai sempre boa materia prima galega, pero máis elaborada que na nosa cociña tradicional, onde abundan as preparacións sinxelas á prancha ou cocidas. Gloria opta por incluir varias elaboracións en cada prato, aportando variedade de sabores e texturas en cada bocado. Algunhas das exquitices que prepara son o canelón de pescada e lagostino con salsa de marisco e queixo Galmesán, o taco de costela de rubia galega prensada con berenxena á grella, ou o solombo de tenreira con salsa de tetilla e milfollas de pataca e mazá.

Ademais de na gastronomía galega, Domecq aporta aos seus pratos elementos doutros lugares do mundo, resultado da investigación e curiosidade e do seu paso por fogóns de Londres; Italia, onde realizou os seus estudos; e Francia, onde asistiu á prestixiosa escola de arte culinario Cordon Bleu. “Son cociñeira desde nena”, rememora cando lle preguntamos pola orixe da súa paixón, que recorda como unha afición familiar.

Nas vodas ofrecen aos noivos flexibilidade para crear o menú ao seu gusto, puidendo probar os pratos antes de decidir e varias opcións para estructurar o banquete, xa sexa en formato cóctel ou sentados á mesa. Tamén poden ocuparse das receas, da montaxe de orixinais carpas e mesas e incluso ofrecer espectáculos de cociña en directo.

REVISTA ABRIL

A chef ten experiencia en cociña vexetal, sen glute e ecolóxica e aplica criterios de sostibilidade na súa vida e na súa cociña, procurando elixir materias primas de proximidade e ecolóxicas, tendo en conta a redución dos residuos e o coidado da contorna. É un dos poucos cáterings de voda galegos que ofrece menús completos veganos e vexetarianos sen perder calidade na prepararación e presentación dos pratos. Tamén teñen pratos adaptados a persoas con intolerancias ou dietas específicas.

Ademáis dos clásicos pazos de voda podemos dispoñer dos servizos de Gloria Domecq Cátering en eventos privados e empresariais asegurándonos así de que o que poñemos sobre a mesa é orixinal, bonito e sabedeiro.

722 53 12 93 | gloriadomecqcatering.com | @gloriadomecqcatering

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.