CAMELIAS MASCOTAS

Ginebras compartirán escenario con Natalia Lacunza en Vive Nigrán 2021

O Festival Vive Nigrán 2021 confirma a asistencia da banda femenina Ginebras, que compartirá escenario con Natalia Lacunza o venres 16 de xullo. Co seu primeiro LP ‘Ya Dormiré Cuando Me Muera’ encherá de diversión, baile e cor o Campo de fútbol de Monte Lourido, recinto que acolle unha vez máis ao festival.

REVISTA NOVEMBRO
Ginebras

O festival celebra a súa 5ª edición coa volta ao recinto no que naceu en 2017, o campo de fútbol de Monte Lourido. No seu escenario citaranse Natalia Lacunza, Locoplaya, Verto e Sidecars. A última adición ao cartel do Viva Nigrán 2021 é a do grupo feminino do momento, Ginebras. O grupo arrasa na escena indie nacional, cunha adictiva mestura de frescura e boas cancións. Compartirán data coa cantante Natalia Lacunza, o venres 16 de xullo, na cita máis indie desta edición. As entradas xa están dispoñibles, cun prezo inicial de 25€ a través da web de Vive Nigrán e de Ataquilla.

A banda compóñena Magüi (guitarra rítimca e voz principal), Sandra (guitarra solista e segundas voces), Raquel (baixo) e Juls (batería); catro rapazas que na súa corta pero intensa traxectoria xa crearon un universo pop propio, con letras autobiográficas contadas con moito humor, estribillos demoledores e o encanto que desprenden. En setembro de 2020 estrearon o su primeiro LP ‘Ya Dormiré Cuando Me Muera’, precedido de éxitos como ‘La Típica Canción’ ou a súa versión de ‘Con Altura’.

As entradas para os concertos de Locoplaya e Verto, o 15 de xullo, e de Sidecars, o 17 de xullo, estánse a esgotar rapidamente, o que demostra o enorme interese que suscitan estes artistas. Podes mercar as túas entradas aquí.