CAMELIAS MASCOTAS

Gaña un exemplar de ‘Un lume azul’, último traballo de Pedro Feijoo

Con motivo da celebración da Feira do Libro en Vigo, queremos premiar aos nosos seguidores cun exemplar de Un lume azul, a última novela do vigués Pedro Feijoo.

SOBRE O LIBRO

Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha. Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisible, Un lume azul, é unha apaixonante e intensa novela de Pedro Feijoo, escrita con ese arrebato ao que nos ten afeitos.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no sorteo é preciso:

REVISTA NOVEMBRO

Gañador/a:
O gañador/a será elixido mediante sorteo aleatorio. Anunciaremos o gañador o venres 3 de xullo e poñerémonos en contacto con el/ela a través de mensaxe directa na rede social pola que participou; se nun prazo dunhas horas non contestara, procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Un exemplar en papel da obra Un lume azul, escrita por Pedro Feijoo e editada por Xerais.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.