CASAACUNHA

Sorteamos un exemplar de ‘Cabalos e Lobos’ para celebrar o Día do Libro

Con motivo da celebración do Día do Libro este 23 de abril A Movida sortea un exemplar da novela ‘Cabalos e lobos’ do vigués Francisco P. Lorenzo. A historia, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014, está baseada no Vigo franquista de 1972.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook e darlle gústame nesta publicación.

O prazo para participar é ata o venres 27 de abril ás 12 da noite, o sábado 28 coñeceremos o gañador ou gañadora da novela.

Sobre ‘Cabalos e lobos’
Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a súa familia. Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Álvaro co inquietante Bruno. Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook de @amovidavigo
  • Darlle gústame no Facebook de @amovidavigo á publicación do sorteo.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o venres 27 de abril ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos
  • ata o venres 27 de abril ás 12 da noite.

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto co gañador ou gañadora mediante o seu perfil de facebook; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

Banner A Movidiña

O premio:
Sortéase un exemplar da novela editada por Xerais ‘Cabalos e Lobos’ do escritor vigués Francisco P. Lorenzo. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

 

* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.