REVISTA ABRIL

Cincuenta autores asinarán os seus libros na Feira do Libro de Vigo

Vigo será a segunda cidade española en celebrar a Feira do Libro este ano, despois de que Compostela o fixera nas pasadas semanas. O xoves 25, ás 13h, María Xosé Queizán fará de mestra de cerimonias e iniciará dúas semanas de Feira, que estará ubicada na rúa do Príncipe e poderá visitarse en horario de mañá e tarde ata o 4 de xullo.

REVISTA ABRIL

A Feira do Libro chega a Vigo no seu formato máis reducido. Debido as precaucións sanitarias, a Feira non presentará actividades complementarias, como música, mesas redondas ou contacontos, tal e como viña facendo en pasadas edicións, e as casetas de librerías redúcense a seis. A Feira estará ubicada na rúa do Príncipe, nas inmediaciones do MARCO, e poderá visitarse en horario de 10 a 14 e de 17 a 21h entre o 25 de xuño e o 4 de xullo.

A Federación de Librarías de Galicia, organizadores da feira, establecen un desconto fixo do 10% nos exempleres que os libreiros ofrezan na Feira. Librouro, Libraría Cortizas (Santiago de Compostela), Nobel Gran Vía, Libraría Pedreira (Santiago de Compostela), Libraría Hobbit e A gata tola ocuparán as seis casetas dispoñibles este ano. Ademáis, o Centro de documentación feminista de Vigo e a Biblioteca Neira Vilas tamén terán o seu espazo.

Alén das casetas dos libreiros e como reclamo principal da Feira, máis de 50 autores farán turnos en dúas casetas separadas para asinar exemplares das súas obras e conversar cos seus lectores. Tras o pregón inaugural de María Xosé Queizán o xoves ás 13h, estos son os horarios nos que poderemos coñecer aos nosos autores favoritos: