Galicia Magic Fest, ‘Esfínter’ e ‘O Crebanoces’ na última fin de semana do ano en Vigo
Na última fin de semana do ano temos moita música local, circo, maxia e baile nas salas e teatros da cidade. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida. Tamén temos un recompilatorio especial de todos os plans para facer con nenos durante as vacacións.
GALICIA MAGIC FEST – Xoves e venres no Teatro García Barbón – Desde 16,00 €
Os mellores magos do mundo volven ao Teatro García Barbón coa oitava edición do festival internacional de maxia Galicia Magic Fest. Seis prestixiosos ilusionistas de latitudes diversas cítanse grande espectáculo familiar que desafía a lóxica durante hora e media. O espectáculo ten cinco pases entre xoves e venres.
CONCERTO DE TONY LOMBA & ELIO DOS SANTOS – Xoves e venres ás 21:30h na Fábrica de Chocolate – Desde 12,00 €
Dous mitos reúnense para tomar a testemuña e entoar os himnos cos que asombraron ao mundo. «Hoy es un día especial», «Bandera, bandera», «Alfredo Landa» ou «Ese amor de la abuela» soarán xunto a novos hits saídos da imaxinación delirante dun grupo indefinible.
Transmutation é froito da unión de Alex Allex & Margarida Mariño a través do cal presentan un repertorio orixinal composto para electrónica e cello que xorde conceptualmente dunha reflexión ao redor da morte e as posibilidades de transcendencia do aparentemente efémero da condición humana.
CONCERTO DE LAW – Venres ás 21:30 na Sala Kominsky – Desde 7,00 €
LAW é unha artista multidisciplinar viguesa que combina nos seus música xéneros como o R&B, hip-hop e soul, creando un son urbano con letras profundas e comprometidas. Presentación do EP ‘Lo esencial’.
ESPECTÁCULO DE JORGE BLASS – Sábado ás 18:00 no CC Gran Vía – De balde
O Centro Comercial Gran Vía de Vigo recibirá ao recoñecido mago Jorge Blass o próximo 28 de decembro que ofrecerá un espectáculo gratuíto na Planta 2.
ESPECTÁCULO ‘ESFINTER’ – Sábado ás 18:30 e 21:00 no Teatro García Barbón – Desde 17,00 €
Volve Esfínter, “o mellor espectáculo para pechar o ano!” Este Esfínter 4 reúne de novo a Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas para ofrecer o mellor espectáculo ao que podes acudir cos teus máis queridos achegados e, coma os nosos protagonistas, ter unha escusa para cear xuntos nunhas datas tan sinaladas.
ESPECTÁCULO CREEPY CIRCUS CABARET – Sábado ás 20:00 no Auditorio Cívico de Teis – 10,00 €
Creepy Circus Cabaret, non é un show de circo tradicional. Aquí, as risas mestúranse con momentos escuros nun espectáculo que combina disciplinas circenses de alto nivel como malabares, equilibrios, acrobacias e ata maxia, coa picardía do cabaret.
BALLET ‘O CREBANOCES’ – Sábado ás 21:00 no Mar de Vigo – Desde 37,00 €
A historia máis encantadora do Nadal volve namorar ao público de todas as idades. Este ballet, un dos máis coñecidos de Tchaikovsky coa coreografía orixinal de Lev Ivanov, é unha fábula de espírito do Nadal que fala da añoranza pola infancia perdida e o choque entre a realidade dos adultos e o mundo dos soños dos nenos.
CONCERTO DE MÓIOPÃO – Sábado ás 22:00 na Sala Kominsky – 6,00 €
Moiopao é unha banda que toca composiciones de músicos brasileños e ofrece cada decembro un concerto de prefindeano.
GRAN CONCERTO DE ANINOVO DE JOHANN STRAUSS – Domingo ás 19:00 no Mar de Vigo – Desde 40,00 €
Se es un dos amantes da música clásica, os títulos máis coñecidos do rei do valse, Napoleón, Festa das flores, O valse do emperador ou Champagne, seranche familiares. O valse máis soado de todos, O Bello Danubio azul e a Marcha Radetzky completan este extraordinario concerto que apaixonou a máis de 5 millóns de espectadores de todo o mundo.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Galicia Magic Fest, ‘Esfínter’ e ‘O Crebanoces’ na última fin de semana do ano en Vigo - 26 Decembro, 2024
- Piacere, mirando o mar - 11 Decembro, 2024
- Alium, con gusto e sen glute - 7 Decembro, 2024
- 70 anos de sabor: Pereira publica un receitario creado por Rafa Centeno e Inés Abril - 4 Decembro, 2024
- Omichi: o camiño do bo ramen - 28 Novembro, 2024