Folclore e concertos na Festa da Cultura
Pasarrúas, bailes, concertos e moitas actuacións na Festa da Cultura de Vigo, que terá lugar os días 13 e 14 de xullo na Porta do Sol. Ademais de moitas agrupacións folclóricas, como é habitual nesta festa, teremos concertos doutros xéneros da man de Wöyza , Skandalo GZ, Cómplices, El Pelotón de los Torpes e Losto Kinsky.
Chega outro ano máis a Festa da Cultura, dous días nos que a música local e folclórica cobra especial protagonismo en pleno centro da cidade. Do 13 ao 14 de xullo as pandeiretas e as gaitas serán os instrumentos que máis escoitaremos nestas dúas xornadas adicadas a nosa cultura.
O venres 13 as actuacións comezarás ás 19:00 coa agrupación folclórica Froles Novas, ás que seguirán SC Pardavila, Lumieiras, No Colo do Vento e Charamuscas. A partir das 21:00 cambiamos de estilo co concerto da mítica banda viguesa Cómplices, formada por Teo Cardalda e María Monsonis. Tras eles será a quenda de El Pelotón de los Torpes, cuarteto de rock and roll vigués, e Losto Kinsky, banda local de rock en galego versionando temas míticos de tódolos tempos.
O sábado vén aínda máis cargado, xa que as actuacións comezan as 11 da mañá coa asociación folclórica Andarela, primeira de moitas outras: A Buxaina, Vagalume, Corisco, Lembranzas Galegas, Queixumes, Asubío, O Fiadeiro e Traspés. Tamén haberá danza a cargo do grupo Monteira e dos grupos de baile moderno Flashdance e As Sereas. Para poñer o broche a estas dúas xornadas de festa chegará a polifacética Wöyza, artista de hip hop, R&B e soul que está en plena forma, e Skandalo GZ, banda de ska e punk con máis de 10 anos de traxectoria ás costas.
Este ano a Festa da Cultura reinvéntase deixando paso a concertos de artistas con estilos que pouco teñen que ver co folclore tradicional, a pesar de que o protagonismo seguirá recaendo nos sons locais e nas pandereteiras, pandereteiros, gaiteiros, gaiteiras e demais persoal das agrupacións folclóricas.