VEGANA

A música tradicional volverá a ser a protagonista da Festa da Cultura

Ademais dos xa coñecidos concertos da Porta do Sol, toda a zona estará chea de música tradicional os tres días grazas ás bandas das diferentes asociacións culturais da cidade. A coñecida como Festa da Cultura pretende converter o centro de Vigo nunha festa do folclore autóctono do xoves ao sábado.

Xa coñecemos o cartel completo da oitava edición da Festa da Cultura, organizada entre a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e o propio Concello, que terá lugar na Porta do Sol e arredores do xoves 11 ao sábado 13. Desde o ano 2012 vense celebrando esta Festa que é un evento que pretende achegar a toda a cidade una mostra do bo traballo que se desenvolve nos Centros e Asociacións Culturais olívicos.

A festa comezará o xoves a partir das 19:00 coas actuacións de Semente da Arte Galega, Loureiro Verde, Acordeóns de Valladares, Padereiteiras e Gaiteiros de Rueiro e Gaitas de Pardavila, que darán pasó á orquestra galega de folk Sondeseu no escenario principal da Porta do Sol ás 22:30. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

O venres repítese o horario, coa presenza nos arredores do Sereo de Froles Novas, Pandeireta e Acordeóns de Helios, Lembranzas Galegas e Asubío, teloneiros de luxo para o dobre concerto tan esperado que terá lugar á partir das 22:00. Despois da triste cancelación o pasado Entroido, o dúo local Tony Lomba e Elio dos Santos e banda de rock en galego por excelencia, Heredeiros da Crus, darán sendos concertos cheos de caña, humor e irreverencia.

Por último, a música popular ocupará a xornada completa do sábado desde ás 11:00 da mañá, cun acto central ás 12:30. Andarela, A Buxaina, Gaitas de Atlántida, Corisco e Monteira serán as encargadas de amenizar o ambiente matutino, mentres que Queixumes, Arroases do Fiadeiro, Os Ventos de Comesaña e Traspés farán o propio pola tarde, rematando cun espectacular flashmob. Para poñer punto e final a esta oitava edición, os irmáns Suso e Álvaro Costas traen ao escenario da Porta do Sol o seu espectáculo MITIC, un novidoso show de folk rock de dúas horas de duración que pretenden difundir e potenciar a boa imaxe da gaita e chegar a esas persoas totalmente alleas ao folk e que teñen un concepto pouco actualizado do instrumento.

(GMT+01:00) Porta do Sol

(GMT+01:00) Porta do Sol

REVISTA OUTUBRO

(GMT+01:00) Porta do Sol