REVISTA ABRIL

O folclore internacional volve a ser protagonista en Vigo

A música folclórica de todo o mundo invadirá Vigo durante case unha semana gracias ao Festival Folclórico Internacional. Seis días, do martes 17 ata o domingo 22, e sempre ás 21:30, nos que diferentes agrupacións de música e danza percorrerán as distintas parroquias viguesas, levando a ledicia e o baile propios deste tipo de música por todas elas.

Actuación do grupo Corisco na edición do 2015

O Festival comezará o martes 17 na Alameda de San Andrés de Comesaña, onde actuará, en casa ademais, o grupo AFT Os Ventos de Comesaña. Ademais, este día contarase coa actuación dos peruanos Cayetano Heredia, grupo nacido na Universidade homónima, en Lima, gracias ao entusiasmo e dedicación do seu alumnado, e co grupo Paraguai Música e Danza, que desde 2015 proponse recuperar as tradicións a a cultura do país para estar máis preto da súa terra.

O mércores 18 repiten Paraguai Música e Danza e Cayetano Heredia, pero esta vez no auditorio do Centro Cultural de Valadares. Tamén teremos a actuación do grupo da casa, como ocurrirá ao día seguinte no auditorio do Centro Cultural de Bembrive, o xoves 19. O grupo local estará acompañado de novo por Paraguai Música e Danza e por Ballet Dakar de Senegal, agrupación poliétnica con sede en Yoff formada por mozos e mozas que realizan movementos cheos de enerxía e espectaculares acrobacias, acompañados polo son dos tambores Sabar.

O venres 20, no auditorio do Centro Cultural de Beade, volveremos a gozar e danzar cos ritmos africanos do Ballet Dakar e co Grupo Folclórico Valdemel de Ribera del Fresno, en Badaxoz. Esta agrupación, con máis de 30 anos de historia, está formada por medio centenar de persoas na súa dobre vertente: intrumental e danzas.

REVISTA ABRIL

O prato forte do Festival chegará o sábado 21, que é cando terá lugar o acto central, ás 20:00, e que consistirá nun desfile desde a Igrexa de Santiago de Vigo ata a porta do Teatro García Barbón, onde ás 21:30 actuarán todos os grupos mencionados con anterioridade, sumándolles a Lembranzas Galegas, Xarabal e Corisco.

Para rematar este evento multicultural, o domingo 22 actuarán no auditorio do Centro Cultural de Cabral os grupos Cayetano Heredia (Perú) e Ballet Dakar (Senegal), o que supoñerá a despedida do Festival ata o ano que vén.

Nove agrupacións e seis xornadas de música folclórica internacional do máis variada, e totalmente gratuita, son as que conforman o cartel deste ano do Festival Folclórico Internacional de Vigo, unha cita única para todos os amantes da música tradicional, independentemente do país de orixe, que leva 24 anos apostando pola diversidade cultural.

(GMT+01:00) San Andrés de Comesaña


(GMT+01:00) Auditorio CVC Valladares


(GMT+01:00) Centro Cultural Helios Bembrive


(GMT+01:00) Centro Cultural de Beade


(GMT+01:00) Teatro Afundación


(GMT+01:00) AVV Santa Marina de Cabral