CASAACUNHA

‘Faílde. Anatomía da pedra’ xa se pode visitar na Fundación Laxeiro

O 4 de xullo inauguróuse ‘Anatomía da pedra‘ do escultor Antonio Faílde que se poderá visitar na Fundación Laxeiro ata o15 de setembro. O pintor Xosé Otero Abeledo, alias Laxeiro, foi un gran amigo do escultor Antonio Faílde, por ese motivo as familias de ambos artistas decidiron que a Fundación Laxeiro acollese a exposición do escultor con motivo do Ano Faílde.


Trece esculturas feitas en pedra compoñen a exposición Anatomía da pedra, que xa se pode visitar na Fundación Laxeiro. Un proxecto que se compón de obras moi persoais do artista Antón Faílde, que fuxía de calquera tipo de influencia ou encargo estético para centrarse de cheo no seu universo persoal. Onte, 4 de xullo, inaugurouse a mostra na terceira planta do museo, onde se poderá visitar ata o vindeiro 15 de setembro.

Foron numerosas as persoas que acudiron á inauguración na . Aínda que a comisaria da exposición Natalia Figueiras non puido estar presente, si puidemos ver rostros recoñecidos en representación da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo. Tamén estiveron presentes familiares directos dos artistas como é o caso do neto do escultor Antonio Faílde, José María Failde.

Antonio Faílde foi un escultor ourensán nado no ano 1907 e que foi nomeado académico pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. A súa obra persoal foi recoñecida tanto a nivel rexional, nacional como internacional. O feito de que expuxera tarde comparado con outros artistas da súa quinta, non foi un impedimento para recoñecer a verdadeira arte do escultor.

Banner A Movidiña

Grazas a que se mantivo á marxe de influencias exteriores, Anatomía dunha pedra é a clara representación das emocións e preocupacións internas do artista. Antonio Faílde é coidadoso co material que traballa, a pedra, xa que el aseguraba que grazas a ela conseguía os resultados finais das súas esculturas. Ademais, o especial destas obras é que o autor nunca quixo desprenderse delas polo que o valor sentimental que supoñen é inmenso.

Nesta obra podemos observar dous trazos moi distintivos do artista, por unha banda a emoción que desprende a expresión do corpo e, doutra, a emoción do proceso de creación da obra. Faílde consegue con esta obra facer visible a serenidade e creatividade intrínseca na propia natureza da pedra.

As trece esculturas que podemos ver na exposición son unha representación do cotián e da realidade, con posturas reflexivas que transmiten tranquilidade, serenidade. Ademais o acabado das figuras é redondeado e xunto coa figura das persoas, forman unha composición moi harmónica da figura do corpo humano.

(GMT+01:00) Fundación Laxeiro

The following two tabs change content below.

Uxia Soliño

Iniciou os seus estudos na Filoloxía Hispánica na USC pero abandonouno cando se deu conta que a súa vocación era o mundo audiovisual. Estudando Comunicación Audiovisual na UBU e compatibiliza con UBURadio, onde dirixe e locuta Que me estás cantando. Escribiu o guion da curtametraxe 3:03 que foi galardoada a Mellor Curtametraxe de Ficción no Festival Creando 2019. Amante da fotografía, da radio, da música, dos seus e dos cans. De maior quere ser como Ángel Carmona ou Wilma Lorenzo aínda que se conforma con ser ela mesma, é fan da música e dos concertos improvisados na ducha.