Naviera Mar de Ons, para explorar as Cíes
Se aínda lle estás a dar voltas a que plan estival deixarache coa boca aberta, a pel dourada e un estado de relax e calma natural antes de volver á rutina, temos para ti a proposta que cumpre todos os requisitos: explorar as Illas Cíes ao completo, desde o primeiro raio de sol ata a observación nocturna do seu espectacular ceo estrelado.
Quen oe falar das Illas Cíes por vez primeira, adoita facelo descubrindo o potencial das praias, como a de Rodas, considerada como o mellor areal do mundo. Con todo, as illas ofrecen moitos máis atractivos, como a impresionante paisaxe que se pode descubrir a través de diferentes rutas a pé. Desde a estación marítima pódese viaxar ás illas nos grandes catamaráns da compañía Naviera Mar de Ons e apuntarse ás visitas guiadas dispoñibles durante todo o ano, o que implica levar na mochila algo máis que unha toalla.
O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas reborda encanto en cada estación do ano. Mar de Ons dispón dun cadro persoal de guías profesionais que orientan sobre multitude de detalles que normalmente pasan desapercibidos e que van variando segundo a época escollida para visitar este arquipélago.
Unha vez que o solpor deixa paso á noite, aínda queda un plan estelar: mudar a area polo ceo nocturno para mergullare na experiencia «Starlight» que Mar de Ons propón para observar o firmamento. As condicións naturais deste paraíso, sumadas á baixa contaminación luminosa, fan das Cíes un lugar único para gozar da astronomía. Coa axuda dun guía da navieira, neste caso un astrónomo, explóranse as diferentes constelacións que abranguen todo este Parque Nacional. Trátase de noites únicas, onde o paso de cometas, chuvias de estrelas ou eclipses de sol e lúa transmiten sentimentos únicos nestas noites de verán.
@mardeons | www.mardeons.com | 986 22 52 72