REVISTA ABRIL

"Las tres edades", filme musicado en directo por Caspervek

09xul22:30"Las tres edades", filme musicado en directo por CaspervekESPECTÁCULOS | 10,00 €22:30(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

A fundación Sales programa un ano máis un dos seus clásicos de verán: o ciclo de cine ao aire libre de Caspervek. Este trío de músicos galegos é coñecido pola calidade do seu orixinal formato: a musicalización en directo de filmes mudos clásicos con piano, violín e percusión. Nesta ocasión, poderemos gozar do cinema ao aire libre en tres ocasións.

Os filmes escollidos son Las tres edades, que poderemos ver e escoitar o xoves 9 de xullo; El hombre mosca, á que porán música en directo o xoves 6 de agosto; e Tabú, un filme alemán que transcorre na Polinesia para a cal o trío estará acompañado do percusionista Fran Troncoso.

‘Les tres edades’ é a primeira longametraxe do xenial Buster Keaton, no que fai unha parodia de “Intolerancia”, de D. W. Griffith, á vez que mostra os seus dotes dramáticos e cómicos (sempre serio) mentres compite con Wallace Beery por conseguir o amor de Margaret Leahy en tres épocas diferentes: a prehistoria, a antiga Roma e a (entón) idade moderna: os anos vinte.

Máis

Hora

(Xoves) 22:30(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events