RevistaXuño23

15xul22:00David Bisbal actuará en Castrelos este veránCONCERTOS | -22:00 Parque Castrelos

David Bisbal actuará en Castrelos este verán

David Bisbal actuará no Auditorio de Castrelos o próximo sábado 15 de xullo. O artista almeriense presentará en Vigo o seu novo espectáculo ‘Me siento vivo’, un repertorio renovado que tamén inclúe os grandes éxitos da súa carreira. A última actuación de Bisbal na nosa cidade foi no 2019, cando encheu de fans o parque de Castrelos, como xa fixera no 2004 pouco despois do seu paso polo programa de televisión Operación Triunfo e no 2010.

David Bisbal forma parte da primeira edición da exitosa academia de Operación Triunfo no 2001, onde obtivo o segundo premio tras gañar a emblemática Rosa López. O almeriense acumula máis de 60 discos platinos e case unha centena de premios. Ademais o seu single Ave María‘ é unha das cancións máis coñecidas e escoitadas na radio de España e América Latina.

O de Bisbal é o segundo concerto confirmado este verán en Castrelos. A semana pasada soubemos que o malagueño Pablo López subirá ao escenario municipal o 24 de xullo. Aínda non se coñece a data de saída das entradas pero o alcalde comunicou que se baralla a posibilidade de que os vigueses que teñan a tarxeta PassVigo poidan ter preferencia á hora de conseguilas.

Máis

X