O Sinsal une en Vigo o mar e a música
Coa chegada do outono Sinsal segue fiel á súa filosofía, cunha oferta musical alonxada dos grandes circuitos e con concertos en lugares moi particulares. O festival esténdese os días 6 e 7 de outubro aos barrios de Alcabre e Bouzas, cun programa de concertos e actividades que se desenvolverá no Museo de Mar e nos estaleiros Freire e Cardama.
Nestas dúas xornadas outonais o Festival Sinsal trae a Vigo sons de Brasil, Taiwan, Islandia, Galicia e Andalucía. O aforamento para estes espectáculos será limitado, dunhas 400 persoas. O principal obxectivo segue a ser misturar tradición e vangarda en localizacións sempre ligadas ao mar.
O sábado 6 de outubro poderemos gozar dunha serie de actividades gratuitas ata as 18:00, que é a hora á que comezan os concertos de pago, todo isto no Museo do Mar. Ás 13:00 haberá un concerto didáctico por parte de DUAS, un conxunto de percusión formado polas galegas Marta Rodríguez e Sabela Caridad. No seu espectáculo Raíces coñeceremos algúns dos instrumentos de percusión africana e a súa música, afonando nas raíces culturais do noso continente veciño.
Unha hora despois estará Vudú no xardín do Museo, onde este dúo formado por Belém Tajes (Luar na Lubre) e Maritxinha buscará mesturar o folk e o soul, creando o que elas chaman soulk. Neste mismo emprazamento, ás 15:00 o DJ Viktor Flores será o encargado de poñer música, cun estilo que vai desde o pop electrónico ata o italo-disco. O último concerto de balde será o da banda taiwanesa Sunset Rollercoaster, co seu pop vintage que pouco a pouco está a calar na sociedade occidental.
Os concertos con entrada serán catro e se dividirán en dúas salas. O primeiro, ás 18:00, será o de 16mm, un proxecto no que Macarena Montesino (violonchelo) e Paulo Pascual (theremin) buscan musicalizar cine ao vivo. Ás 19:30 é o turno de JFDR String Quartet, o proxecto en solitario de Jófríður Ákadóttir, voz dos islandeses Samaris. A súa imponente voz estará acompañada polo cuarteto da Ensemble Galería. Ás 21:00 chega Baiuca, un proxecto no que Alejandro Guillán tenta aunar a tradición galega coa vangarda electrónica e, para rematar, Niño de Elche e Los Voluble propoñerán un espectáculo audiovisual baixo o título de “En el nombre de”. Unha das voces máis arriscadas do flamenco aunada co dúo DJ/VJ, que promete non deixar a ninguén indiferente.
Ese mismo día, tamén no Museo do Mar, haberá un par de obradoiros de carácter familiar. Ás 13:30 os máis pequenos poderán divertirse coa actividade didáctica Do, Re, Bip con Juanma Lodo, que os introducirá á música dixital. Ás 14:30 e ás 16:30 Sistema Lupo propoñerá unha serie de obradoiros de arquitectura e diseño para familias. Parte desta didáctica estará centrada na arquitectura do Museo.
Se por algo destaca o Sinsal e polo seu especial enclave na Illa de San Simón. Aínda que neste caso os concertos serán en terra firme, as localización diferenciais e especiais seguen a orde do día. O domingo 7, haberá dous concertos, ambos de pago, en dous dos asteleiros de Beiramar. Ás 12:30, nos Asteleiros Cardama, actuará o brasileiro Castello Blanco. Á mesma hora, nos asteleiros de Construcciones Navales Freire, a pianista María del Mar Blanco interpretará as variacións de Goldberg en colaboración coa Orquestra Clásica de Vigo.
PROGRAMACIÓN COMPLETA