Augusta

O Sinsal une en Vigo o mar e a música

Coa chegada do outono Sinsal segue fiel á súa filosofía, cunha oferta musical alonxada dos grandes circuitos e con concertos en lugares moi particulares. O festival esténdese os días 6 e 7 de outubro aos barrios de Alcabre e Bouzas, cun programa de concertos e actividades que se desenvolverá no Museo de Mar e nos estaleiros Freire e Cardama.

Nestas dúas xornadas outonais o Festival Sinsal trae a Vigo sons de Brasil, Taiwan, Islandia, Galicia e Andalucía. O aforamento para estes espectáculos será limitado, dunhas 400 persoas. O principal obxectivo segue a ser misturar tradición e vangarda en localizacións sempre ligadas ao mar.

O sábado 6 de outubro poderemos gozar dunha serie de actividades gratuitas ata as 18:00, que é a hora á que comezan os concertos de pago, todo isto no Museo do Mar. Ás 13:00 haberá un concerto didáctico por parte de DUAS, un conxunto de percusión formado polas galegas Marta Rodríguez e Sabela Caridad. No seu espectáculo Raíces coñeceremos algúns dos instrumentos de percusión africana e a súa música, afonando nas raíces culturais do noso continente veciño.

Unha hora despois estará Vudú no xardín do Museo, onde este dúo formado por Belém Tajes (Luar na Lubre) e Maritxinha buscará mesturar o folk e o soul, creando o que elas chaman soulk. Neste mismo emprazamento, ás 15:00 o DJ Viktor Flores será o encargado de poñer música, cun estilo que vai desde o pop electrónico ata o italo-disco. O último concerto de balde será o da banda taiwanesa Sunset Rollercoaster, co seu pop vintage que pouco a pouco está a calar na sociedade occidental.

Banner A Movidiña

Os concertos con entrada serán catro e se dividirán en dúas salas. O primeiro, ás 18:00, será o de 16mm, un proxecto no que Macarena Montesino (violonchelo) e Paulo Pascual (theremin) buscan musicalizar cine ao vivo. Ás 19:30 é o turno de JFDR String Quartet, o proxecto en solitario de Jófríður Ákadóttir, voz dos islandeses Samaris. A súa imponente voz estará acompañada polo cuarteto da Ensemble Galería. Ás 21:00 chega Baiuca, un proxecto no que Alejandro Guillán tenta aunar a tradición galega coa vangarda electrónica e, para rematar, Niño de Elche e Los Voluble propoñerán un espectáculo audiovisual baixo o título de “En el nombre de”. Unha das voces máis arriscadas do flamenco aunada co dúo DJ/VJ, que promete non deixar a ninguén indiferente.

Ese mismo día, tamén no Museo do Mar, haberá un par de obradoiros de carácter familiar. Ás 13:30 os máis pequenos poderán divertirse coa actividade didáctica Do, Re, Bip con Juanma Lodo, que os introducirá á música dixital. Ás 14:30 e ás 16:30 Sistema Lupo propoñerá unha serie de obradoiros de arquitectura e diseño para familias. Parte desta didáctica estará centrada na arquitectura do Museo.

Se por algo destaca o Sinsal e polo seu especial enclave na Illa de San Simón. Aínda que neste caso os concertos serán en terra firme, as localización diferenciais e especiais seguen a orde do día. O domingo 7, haberá dous concertos, ambos de pago, en dous dos asteleiros de Beiramar. Ás 12:30, nos Asteleiros Cardama, actuará o brasileiro Castello Blanco. Á mesma hora, nos asteleiros de Construcciones Navales Freire, a pianista María del Mar Blanco interpretará as variacións de Goldberg en colaboración coa Orquestra Clásica de Vigo.

 

PROGRAMACIÓN COMPLETA

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

X