Especial 8M 2020

Toda a programación arredor do 8M

Este domingo 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, polo que hai convocada unha manifestación ás 18:00 con saída do cruce entre as rúas Urzáiz e Vía Norte. A asemblea Galegas 8M ten programadas outras actividades ao longo do día, como performances, recitais, representacións teatrais, lecturas ou concertos. Preme aquí para ler a programación detallada:

(GMT+01:00)

Pola súa banda, o Concello de Vigo propón numerosas actividades ao longo do mes, como poden ser proxeccións de curtas e longametraxes, recitais abertos de poesía, contacontos, visitas guiadas ou concertos. Toda a información detallada está neste artigo:

A Deputación de Pontevedra súmase ao mes da muller cunha programación protagonizada por elas, especialmente no edio das exposicións:

Afundación propón un ciclo de cinema formado por catro filmes protagonizados por figuras femininas, dous deles tamén dirixidos por mulleres. No seguinte artigo reunimos os títulos e as datas das proxeccións:

A Asocación 85C, un referente do feminismo local no eido cultural, está a levar a cabo un protocolo para erradicar as violencias machistas nos locais de ocio nocturno da zona de Churruca e Irmandiños. Toma nota:

Esta fin de semana tamén contaremos cos concertos de dúas artistas tan talentosas como reivindicativas. Elas son Ses, no Teatro Afundación, e Pauliña, na Sala Rebullón. Falamos con elas en diferentes números da revista A Movida:

REVISTA ABRIL
Pauliña: «Cáeme a cara de vergonza cando oio nos bares dicir que xa non hai machismo»
Sés: «O indie é froito do complexo»

Por se aínda non a tes contigo, lembrásmote que a nosa revista de marzo tamén vai dedicada a muller, onde poderás atopar diversos artigos, eventos e entrevistas que xiran en torno ao feminismo. Se non queres perder nada do que saia nos futuros números da nosa edición en papel, faite #AMOVIDALOVER.

A maiores poderás atopar numerosos eventos coa muller e o feminismo como protagonistas, que podes consultar á continuación:

[add_eventon_el event_type_2=”24631″ sep_month=”no” ux_val=”4″ hide_empty_months=”yes” tiles=”yes” tile_bg=”1″ tile_style=”1″ tile_count=”3″ ]