VIALIA
CAMELIAS NADAL

A Asociación 85C busca erradicar o acoso machista na noite viguesa

A asociación feminista de artistas 85C expón realizar un protocolo de actuación contra as violencias e acosos machistas nas esferas nocturnas de Vigo, concretamente nos locais de festa de Churruca e Irmandiños.

A Asociación 85C busca erradicar o acoso machista nas rúas de Churruca e Irmandiños co protocolo de actuación “Ollos Abertos”, buscando crear “barrios sans e locais seugros”. Para iso, comezaron por reunirse un total de 50 persoas para debater sobre a situación e sacar á luz os primeiros problemas para, posteriormente, presentarllos aos locais e discotecas da zona.

Actualmente necesitan aumentar a información sobre a situación polo que sacaron dous formularios: un para o público que se move na noite e outro para o persoal de traballo neste sector. Desta forma buscan coñecer aínda mellor a situación da noite local e a seguridade destes establecementos ante as violencias machistas.

CAMELIAS NADAL

Polo momento, máis do 60% de respostas proveñen do xénero feminino. As idades destacan entre os 23 e os 32 anos e de orientación heterosexual, en primeiro posto, bisexual, en segundo posto . Por isto mesmo, demandan máis participación, buscando atopar unha variedade de respostas segundo os distintos perfís. O 60% de respostas afirma recibir algunha vez algún tipo de acoso entre as que destacan a verbal, a invasión do espazo persoal, o acoso físico directo e as persecucións. Con menos respostas, tamén atopamos a exclusión ou discriminación, a violencia sexual e o consumo de drogas de forma involuntaria. Algo importante a destacar é que case o 100% de respostas nega recibir axuda rápida e directa por parte do persoal.

En canto aos locais, xa están involucrados algúns como son a Sala Kominsky, o Tinta Negra, A Casa de Arriba, a Brewing Records, o Apiramoira, o Candelas ou o Vitter Bar. Os cambios que se expoñen a estes, e todos aqueles que se sumen, son un protocolo de actuación interno que indique como actuar eficazmente en cada situación, tanto se o acoso é para o público, para o persoal que traballa detrás da barra, ou para as artistas. Un cartel normativo para os consumidores prohibindo directamente os distintos tipos de violencias e aumentar a comunicación entre a persoa acosada e o persoal. Por último, tamén expoñen algunhas melloras como son barreiras espaciais entre Djs e público e a iluminación das zonas máis escuras das discotecas, onde xorden a maioría dos acosos físicos.

Para seguir de preto o proxecto “Ollos abertos”, podes asociarte de forma gratuíta en proxecto85@gmail.com ou seguir as súas redes.