REVISTA ABRIL

Proxeccións, recitais, roteiros e concertos no mes da muller

Desde o Consello Municipal da Muller teñen organizadas unhas serie de actividades do 3 ao 20 de marzo para celebrar o 8M, o Día Internacional da Muller. Un total de 10 eventos para reivindicar a presenza das mulleres en todos os eidos da sociedade e da cultura.

O primeiro evento terá lugar o martes 3 de marzo no Museo MARCO, onde serán proxectadas dúas curtas: Consello Municipal da Muller: 25 anos facendo historia, de Xisela Franco, e As mulleres salvaxes, de Eire García Cid. Ao día seguinte, esta vez na Casa Galega da Cultura, será o recital aberto de poesía de xénero, con Iolanda Zúñiga.

REVISTA ABRIL

Tras o pleno específico do Consello Municipal da Muller do venres, o luns 9 pola tarde terá lugar a contada de igualdade “Eu non quero” a cargo de Ana Carreira para nenos e nenas a partir de 4 anos na Biblioteca Juan Compañel. O domingo será o gran día coa manifestación que sairá do cruce entre Urzáiz e Vía Norte.

O martes 10 terá lugar unha nova proxección, neste caso do filme Eu tamén necesito amar, de Antonio Caeiro, no MARCO. Ese mesmo venres será a entrega do VIII Premio de Igualdade Ernestina Otero, que este ano recaerá sobre a escritora e xornalista Mª Xosé Porteiro. O sábado 14 sairá do Paseo de Afonso unha visita guiada á ruta en feminino Sons de Mulleres, a cargo de María Casar.

Para rematar a programación, o martes 17 proxectarase no Auditorio Municipal La directora de orquesta, de María Peters. Por último, no auditorio do MARCO será a actuación do grupo De Vacas, coñecido polas súas versións en galego de temas actuais.