Escoita aos artistas que actuarán este verán en Castrelos
A falta de confirmar a data para o concerto da Coral Casablanca, o cartel de actuacións deste ano para os concertos en Castrelos xa está pechado. Así o confirmou o alcalde Abel Caballero, quen en breves anunciará o día no que se poden mercar as entradas. Como vén sendo habitual, o prezo para acceder ao foso será moi barato, arredor dos 10€. Finalmente, a arxentina Nathy Peluso non pisará o escenario vigués, malia que durante certo tempo se deu por feita a súa participación. Tampouco actuará, malia as negociación por parte dos gobernos locais e autonómicos, Siniestro Total no seu demandadísimo último concerto en terras olívicas, tras despedirse cunha dobre data no Wizink Center madrileño. Fóra do parque, o Concello tamén subvencionará o espectáculo de Bryan Adams, que terá lugar o 14 de xullo no recinto das Travesas. Segundo Caballero, os prezos das entradas, que oscilan entre os 45 e os 250€, son máis baratos que de costume grazas á cesión gratuíta do espazo e os recursos do Concello.
JOAN MANUEL SERRAT – DOMINGO 10 XULLO
SEBASTIAN YATRA – MÉRCORES 13 DE XULLO
LOVE OF LESBIAN – VENRES 29 XULLO
TANXUGUEIRAS – SÁBADO 30 XULLO
LEIVA – XOVES 4 AGOSTO
STING – SÁBADO 6 AGOSTO
LOLA ÍNDIGO – LUNS 8 AGOSTO
HIJOS DE LA RUINA – XOVES 11 AGOSTO
HOMBRES G – DOMINGO 14 AGOSTO
RAPHAEL – MARTES 16 AGOSTO
DANI MARTÍN – MÉRCORES 17 AGOSTO
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- DGO: pendentes de ti - 9 Febreiro, 2026
- Mussa – The Pilates Center: terapeutas do movemento - 9 Febreiro, 2026
- Empezar o ano con bo pé: cinco centros onde coidar o noso corpo - 9 Febreiro, 2026
- Faro Cómics: un novo espazo para a banda deseñada ilumina Camelias - 6 Febreiro, 2026
- Unha vintena de concertos en Vigo neste 2026 - 28 Xaneiro, 2026


