En Caja y Papel, a papelería como nunca antes a viras
As Galerías El Castañal conectan a Gran Vía coa Hispanidade. En Caja y Papel é un paraíso de papelería que se enmarca neste treito. A maiores da tenda e dos diferentes servizos que ofrece Mercedes Ramallo, aquí organízanse varios obradoiros creativos con papel protagonista: cartonaxe, decoupage, encadernación, escrita, lectura, lettering, scrapbooking… entre outras propostas novas que van xurdindo.
O seu nome non minte: o papel é o gran protagonista de En Caja y Papel. En canto aos servicios que ofrece Mercedes Ramallo, atopamos o empaquetado de regalos, encadernación, papelorio para eventos (vodas, bautizos, comunións, aniversarios)… pequenos detalles artesanais que marcan a diferencia. Tamén se trata dun lugar de venda centrado no papel de agasallo e de escritura, con produtos de alta calidade e doutros países que non son doados de atopar aquí. Por último, como novidades deste ano, o local incorporará algúns pequenos obxectos a modo de agasallo e libros de Catro Ventos Editora.
No referente aos cursos, cada obradoiro consta de tres ou catro horas nas que realizar un proxecto, polo que se hai un que chame especialmente a túa atención, podes realizalo cantas veces queiras e ir levando a cabo creacións máis e máis complexas: “Hay xente que leva vindo anos e eu lles vou complicando cada vez máis os exercicios”, explica Ramallo. A mediados deste mes de setembro comeza a nova tempada, que polo momento consiste no seguinte: os días 15, 18 e 22 empezan os talleres de cartonaxe, onde aprenderemos a crear as nosas propias caixas; o 15, 22 e 25 é a quenda da encadernación, unha forma artesanal de crear álbumes, carpetas e libretas únicos e personalizados; e os días 17 e 24 de setembro e o 1 de outubro coas clases de lettering para crianzas, unha actividade divertida e creativa para iniciarse nesta técnica de escrita tan fermosa e de moda.
Estes son só os primeiros, pois a medida que avance o ano irán anunciando novas ofertas: decoupage (decoración de elementos con papeis e teas), scrapbooking (personalizar álbums de fotos con recortes), escrita, lectura… e calquera disciplina creativa que Ramallo considere adecuada para o seu espazo. Todas estas actividades, por certo, inclúen os materiais precisos para realizalas, polo que só precisas acudir ao local e ter ganas de aprender. Polo tanto, é aconsellable estar atento ás súas redes sociais para estar ao tanto de todos os talleres, que anuncia a final de cada mes.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024