CAMELIAS MASCOTAS

DZetta Music Center, música para os novos tempos

Setembro é un mes tan bo coma outro calquera para aprender a tocar un instrumento musical ou para mellorar a técnica. Hai tempo que David Zarandón descubriu que, ademais de tocar a guitarra, tamén o apaixonaba ensinar a facelo, polo que despois de pasar por varias escolas de música decidiu abrir a súa propia no centro da cidade: DZetta Music Center.

Rubén Alonso, Sabela Cereijo, Patricia Moon e David Zarandón nas instalacións de DZetta | Cedida

Debido á melomanía doseu pai, David Zarandón lembra que a paixón pola música lle xurdiu de moi pequeno. Admite que o primeiro instrumento que lle cautivou foi a batería, pero aos seus proxenitores non lles pareceu boa idea ter unha no piso. Os vecinos seguro llo agradecerían. Foi nese momento cando David cambiou as baquetas polo mástil dunha guitarra, instrumento do que se namorou perdidamente e que non “cambiaría por ningún outro”. Destaca a Alberto Cereijo, de Los Suaves; Félix Santos, do Ateneo Jazz en Madrid; e Richie Zellon, xefe do departamento de jazz da Universidade de Miami, como algúns dos seus mellores mestres de guitarra.

Aproveitando os seus estudos de Ciencias da Educación, orientou esta paixón ao ámbito docente, colaborando con distintas academias locais ou pola súa conta. Finalmente decidiu abrir DZetta Music Zenter debido á alta cantidade de alumnos. Paralelamente a todo isto, Zarandón foi demostrando a súa valía percorrendo o mástil en bandas como Ad Libitum ou Fallen Sentinel. Con esta última actúou en importantes eventos estatais e publicou tres discos. Actualmente toca na banda de Patricia Moon, profesora de violín e piano en DZetta, onde tamén participan os mestres do centro Rubén Alonso e George Henry Nolan IV.

REVISTA NOVEMBRO

Malia que empezou centrado nas seis cordas, na actualidade DZetta esténdese a outras disciplinas: Iniciación musical, Baixo, Batería, Canto, Guitarra, Piano, Produción, Teclado, Ukelele ou Violín. Patricia Moon imparte esta última materia e mais a de piano, escollendo entre as modalidades moderna ou clásica. Das clases de canto encárgase Sabela Cereijo, experimentada vocalista, actriz e presentadora. As sesións de produción realízanse en colaboración co estudio Planta Sónica con Pancho Suárez aos mandos, un lugar con máis de catro décadas de historia polo que pasaron artistas da talla de Siniestro Total, Carlos Núñez, Triángulo de Amor Bizarro, Celtas Cortos ou Nena Daconte. Unhas das particularidades da escola é que ofrece a opción de facer un exame oficial no remate do curso, algo que é moi común nos instrumentos clásicos no mundo do conservatorio, pero menos habitual na música contemporánea. A titulación e o plan de estudos son ofrecidos por Rockschool, unha entidade británica con máis de tres décadas de experiencia. Os títulos van desde iniciación ata profesional, e os propios traballadores de Rockschool van aos centros certificados a realizar os examen ao alumnado que o desexe.

Como escola de música moderna priorizan o estudo da harmonía e da técnica, con presenza tamén de solfeo. Malia que cada profesor ten certa liberdade á hora de organizar as súas clases, a base do temario e os libros de consulta son ofrecidos por Rockschool, polo que hai unha serie de coñecementos e apartados de obrigatorio cumprimento. A entidade británica compón cancións ex profeso para cada nivel cuns requisitos técnicos e auditivos.

Rúa do Brasil, 31 | info@dzettamusic.com | 654 05 21 95 | dzettamusic.com | @dzettavigo

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.