Dúas primeiras citas en Castrelos: Serrat e Raphael
O alcalde Abel Caballero acaba de anunciar os primeiros concertos da programación deste verán no Auditorio de Castrelos: Joan Manuel Serrat e Raphael.
Aínda que o verán parace que está moi lonxe, desde o concello xa quentan motores para o que vai ser unha gran programación. Segundo o alcalde: “anunciei que este ano daríamos dez grandes concertos, e pode ser que sexan once ou doce”.
Polo de agora, sabemos que Joan Manuel Serrat actuará o 21 de xullo e Raphael o 2 de agosto. Ambos citas serán ao aire libre, no Auditorio de Castrelos que como anunciou esta mañá Abel Caballero: “o programa debe meter 1 millón de personas en Castrelos”
O alcalde comprométese a aunciar novos concertos tan pronto como os teña pechados. Estaremos ben atentos.