Dúas músicas viguesas buscan apoio para tocar no Festival MadCool
Gala Gómez e María Ferreirós, dúas mozas de Vigo integrantes da banda internacional KZU, optan a tocar no Festival Mad Cool este verán a través do Concurso de bandas emerxentes #MadCoolTalent e precisan dos votos da xente para cumplir este soño.
Con 18 anos, Gala Gómez decidiu que o seu futuro estaba na música e decidiu fuxir das saídas universitarias convencionais para especializarse en música moderna, cursando estudos de composición musical nunha universidade de Dublín. Alí se xuntou con mozos de iguales inquietudes e distintas nacionalidades, Jonh Ocasion de Roma, Ciaran Carter de Dublín e Conor Gilpin de Galway, cos que fundou a banda KZU. Tamén se uniu á formación outra moza viguesa María Ferreirós, compañeiras de aventuras musicais desde que ambas estudaban guitarra na escola Masqueguitarra de Vigo. “Básicamente crecimos, musicalmente falando, xuntas”, conta Gómez, que tamén recorda o primeiro grupo de ambas, co que tocaron no Náutico de San Vicente e estrearon o seu homestudio.
O quinteto internacional de indie rock gravou os seu primeiro tema a través de Zoom, ante a imposibilidade provocada pola pandemia de xuntarse. No vídeo da canción True Colors que presentan ao Concurso #MadCoolTalent podemos ver a cada un dos integrantes na súa casa.”Tiñamos moitas ganas de formar unha banda e non queríamos deixar este proxecto, esta ilusión, pola pandemia”, explica Gala, que confesa que pensa acotío no momento en que poidan subirse a un escenario e como Mad Cool sería un gran punto de partida. “Pensamos moito no momento en que poidamos tocar en directo e o Mad Cool é unha oportunidade de estar aí cando por fin se poida tocar nun escenario, de vivilo como nunca, de ver como artistas que admiramos tocan a metros de nós, e todo despois dun largo tempo sen tocar en directo”.
O Festival Mad Cool seleccionou True Colors, un tema orixinal de KZU entre máis de 1.000 postulacións para ser unha das bandas que toquen este verán no festival madrileño, un dos maiores de europa, que, cando se podía, reunía a máis de 200.000 persoas para ver a Pearl Jam, Tame Impala, Kasabian, Eels, Jack White, Arctic Monkeys ou Massive Attack, entre moitísimos outros nomes de sobra coñecidos. Esta selección supón a metade do camiño andado, pero para chegar a subirse ao escenario do Mad Cool, KZU precisan dos votos da xente a través da plataforma do festival.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024