VIALIA
GIRANDO POR SALAS

Dez ideas de agasallo para o día do pai

O Día do Pai está á volta da esquina. Os máis previsores xa teñen os agasallos mercados e ben envoltos, pero seguro que aínda hai quen non sabe que regalar. Aquí tendes unhas cantas ideas para salvar a situación segundo os gustos dos nosos pais.

  • Convidalo a un concerto na Casa de Arriba, Kominsky, Doppler, Rebullón, Vitruvia ou Monk Pub.
  • Regalarlle o libro da música viguesa do noso século Son da cidade, que podes atopar en Vaidhé ou Librouro.
  • Agasallar literatura de autores locais como Pedro Feijoo, Ledicia Costas, María Oruña ou Guada Guerra en Librouro. Se buscas outro tipo de títulos máis alternativos (deseño, receitas, ilustración…) ou cómics, Galería Maraca é unha boa opción.
  • Un bonito marcapáxinas en Vaidhé ou Morriña Shop.
  • Para os máis bailongos, unhas clases de baile en Caixa de Ritmos son unha idea de dez.
  • E que tal darlle unha oportunidade ao circo? Atípico Circo fai cursos para todas as idades.
  • Invitalo a comer ou a cear nunca falla. Aquí tes algunhas recomendacións de locais: Albatros, Cañaveral, La Tita Rivera, Bar Primavera ou Puro Delirio.
  • Para os pais larpeiros, uns doces de El Trigal son un acerto seguro.
REVISTA MARZO
  • Unhas entradas para o teatro na Sala Ártika.
  • A maxia tamén pode ser unha boa opción para deixalo coa boca aberta. Magia en la Manga é o espazo que buscas.