JORGE PARDO

Concurso de tapas: La Pica

07mar(mar 7)13:0025(mar 25)23:30Concurso de tapas: La PicaGASTRO | Desde 4,00 €13:00 - 23:30 (25)(GMT+01:00) Casco Vello

Detalles do eventos

O Casco Vello estrea novo concurso de petiscos, La Pica, organizado pola Asociación de hostelería do Casco Vello. Unha boa oportunidade para probar a gastronomía local ao tempo que participamos en suculentos sorteos!

Este novo concurso de tapas celébrase do 7 ao 25 de marzo, como preludio á festa da Reconquista, en doce locais da zona: A Mina, Costera MX, La Centralita, La Contenta, La Cuchillería, La Tapadera, Lume de Carozo, Paparrúa, Plateros, Trepia e Vaiche Boa.

Para poder votar a nosa favorita é necesario probar, como mínimo, tres tapas en tres locais diferentes. Unha vez alcancemos os tres selos, poderemos escoller a nosa favorita. O prezo de cada pincho é de 4 euros e ao votar participamos automaticamente no sorteo de varias ceas para dúas persoas en diferentes locais da zona antiga.

Ao final do certame, as tres tapas máis votadas levarán premio. Un xurado popular, un veciñal e un profesional serán os encargados de decidir as tres premiadas.

Máis

Hora

7 marzo, 2025 13:00 - 25 marzo, 2025 23:30(GMT+01:00)

Localización

Casco Vello

Casco Vello, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events