Dez plans para a última fin de semana de xullo en Vigo
Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 27 ao 30 de xullo. Música, festas populares, feiras e festivais entre outras cousas. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
CONCERTOS DE ALEJANDRO SANZ E CORAL CASABLANCA – Xoves e sábado ás 22:00 en Castrelos – De balde
Continúan os concertos de Castrelos despois das actuacións de Andrés Calamaro, David Bisbal e Pablo López. O xoves é a quenda de Alejandro Sanz, un dos pratos fortes deste ano, e o sábado fará o propio a Coral Casablanca no seu tradicional concerto de verán. Para o concerto de Sanz as entradas están agotadas e no da Coral todo o recinto é con acceso de balde.
CONCERTOS DE SUNIL LÓPEZ TRÍO E PÓLVORA – Xoves e venres na Fundación Sales – 8,00 e 10,00€
A banda formada por Sunil López, Joan Codina e Genius Wesley actúa este xoves no xardín botánico situado na avenida de Europa. Dous días despois Pólvora, a banda de spoken word liderada por Marcos de la Fuente, encabeza unha xornada de música e poesía na que tamén participan Iria Medraño e 2Pasos.
FESTAS DE SANTA ANA – Xoves e venres en Beade – De balde
As festas de Beade encabezan a súa recta final con dúas xornadas cargadas de música. O xoves actúan o Grupo América de Vigo, La Banda de Ayer e Agrupación musical de Coruxo e o venres Charanga Vai de Baile, Orquestra Combo Dominicano e Grupo Alkar.
FEIRA DO LIBRO ANTIGO E DE OCASIÓN – Ata o domingo 6 de agosto na Alameda – De balde
O 22 de xullo abriu as súas portas na Praza de Compostela a 32ª edición da Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Vigo, que reune a 13 librarías chegadas de diferentes puntos de España para expoñer as súas propostas. Case 100 metros de stands onde se exporán libros antigos, raros, curiosos, descatalogados ou difíciles de atopar, a prezos asequibles, así como interesantes revistas, e outras publicacións de coleccionistas.
CONCERTO DZETTA – Venres á 20:00 en Vialia – De balde
O alumnado da escola de música DZetta Music Center, fundada polo guitarrista David Zarandón, actúa este venres no escenario exterior de Vialia. Este centro musical é o único da cidade que conta coa titulación Rockschool, unha entidade británica con máis de tres décadas de experiencia. Se queres coñecer máis sobre esta escola preme aquí.
IACOBUS MARIS EXPERIENCE – Venres, sábado e domingo no peirao do Náutico – De balde
Tras a gran acollida o ano pasado da peregrinación marítima Xacobea máis longa, a Fundación Traslatio organiza este ano o festival Iacobus Maris Experience que, do 28 ao 30 de xullo, acollerá numerosas actividades e talleres, acompañados por un espazo gastronómico de cociña do mar e música en directo para toda a familia.
NIGRANJAZZ – Venres e sábado no Auditorio da Foz do Miñor (Ramallosa) – De balde
O Concello de Nigrán ofrecerá o 28 e 29 de xullo a edición máis xuvenil da historia do Nigranjazz. Participará o célebre guitarrista estadounidense Steve Cardenas, profesor da mítica New School de New York e quen ofrecerá tamén unha masterclass o sábado pola mañá. Sunil López, Simone Basile, Gabriel Saito, Miguel Seoane e Martín Verde completan o cartel.
CONCERTO ELASONG – Sábado ás 12:30 en A Morada – 5,00€
Elasong é un coro de mulleres dirixido por Carmen Rosende cun repertorio centrado nos anos setenta. Temas harmonizados a varias voces e acompañados polo piano de Alberto Sánchez.
FESTIVAL OLLIE NAVIA – Sábado desde as 19:00 no skatepark de Navia – De balde
Segunda edición dun festival de música punk e rock gratuito ao aire libre dirixido á mocidade que utiliza habitualmente ese espazo. En vez de tratar de invadilo, a finalidade do Ollie Navia é mesturar o uso cotián do skatepark con actuacións musicais durante toda unha tarde. Entre actuacións, se levarán a cabo jams de skate, scooter e BMX, organizadas por Cromoly, colaboradores do evento. As bandas que actúan son Dalsi, Serpe, Diving through Jellyfishes, Lamprea Explosiva, The Riggos e Los Míticos.
CONCERTO DOS CARUNCHOS – Domingo ás 12:30 no Lar das Artes – De balde
Os Carunchos é un grupo de música tradicional galega creado no ano 1994 na cidade de Vigo coa idea de mesturar temas cantados da tradición oral co repertorio propio. Participaron en diversos festivais canda a outros grupos de música galega como Na Lúa, Leilía, Berrogüetto, Os Cempés, Treixadura, Ardentía, Chouteira ou Luar na Lubre.