CANS

O afamado guitarrista Steve Cardenas imparte unha masterclass no Nigranjazz

29xul12:00O afamado guitarrista Steve Cardenas imparte unha masterclass no NigranjazzACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00(GMT+02:00) Auditorio do Concello de Nigrán

Detalles do eventos

A 17 edición do festival terá lugar o 28 e 29 de Xullo no esteiro de A Foz reunindo maiormente a músicos moi novos agás Steve Cardenas, afamado guitarrista e profesor da New School de NY que impartirá a masterclass e ofrecerá un concerto acompañado ex profeso por dous artistas galegos.

Coma cada ano, o Nigranjazz ofrece unha Masterclass conducida por un dos artistas principais do festival. Este ano encargaranse de impartir a clase o guitarrista americano Steve Cardenas, reputado músico e educador. Ademáis de ser un dos guitarristas máis solicitados da escena americana onde 1995, forma parte do profesorado da New School For Jazz and Contemporary Music de Nova Iorque, onde dirixe o Thelonious Monk Ensemble, o Improv Ensemble e a clase de dúos de guitarra, ademáis de ofrecer clases individuais. Tamén formou parte do profesorado do California Institute of the Arts, Siena Summer Jazz Workshop, Alternative Guitar Summit Camp, Brubeck Summer Jazz Colony, Stanford Jazz Workshop e Banff International Workshop in Jazz and Creative Music. Ademais, Steve é coautor, xunto co editor Don Sickler, do Thelonious Monk Fakebook.

Os asistentes poden participar activamente ou coma ouvintes dependendo do seu nivel, a clase está dirixida a guitarristas e músicos xa iniciados ou avanzados de Jazz pero tamén é unha oportunidade para músicos da máis diversa procedencia e para os máis novos de comprender como funciona esta música tan especial. A clase impartirase no Auditorio do Concello entre as 12:00 e 14:00 h do Sábado 29 de Xullo. A Masterclass está patrocinada pola Fundación Mayeusis e será gratuita para todos os asistentes. A inscripción poderá facerse persoalmente en Mayeusis Vigo (Rúa Areal, 118), enviando un correo electrónico adxuntando o formulario de inscripción cuberto a info@mayeusis.com ou por teléfono no 986 22 63 78.

FORMULARIO

Máis

Hora

29 xullo, 2023 12:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio do Concello de Nigrán

Avenida Castelao, 2, 36350 Nigrán, Pontevedra

Other Events