VIALIA
bannerPicnicSesions

Alejandro Sanz

27xul22:00Alejandro SanzCONCERTOS | 15,00€22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

A lista de convidados de Castrelos segue crecendo. A nova incorporación é a do afamado artista español Alejandro Sanz, que estará en Vigo o 27 de xullo, coa súa nova xira SANZ en Vivo, que deu comezo o pasado 4 de xuño en Madrid. Esta tourné está composta por 17 concertos en grandes recintos, incluíndo paradas moi especiais como foron o concerto no Wanda Metropolitano da capital, o Estadio Benito Villamarín de Sevilla ou o seu paraíso persoal, Cádiz onde conseguiu un récord histórico de asistencia no Estadio Ramón de Carranza, os dous días que tiña programados. SANZ en Vivo converteuse na xira máis esperada do ano en España e está a ter unha gran acollida por parte do público, que levaba esperando por ver a Sanz nos escenarios máis de 2 anos. A xira continúa co seu percorrido internacional ao longo de 2023 e para na nosa cidade. Entre os últimos lanzamentos do artista están os temas ‘Nasa’ con Camilo, ‘La despedida’ incluída na BSO da película Bullet Train, protagonizada por Brad Pitt e Bad Bunny e ‘Soy’ xunto a Eros Ramazzotti.

O cantautor español, gañador de numerosos Grammys, leva compoñendo música desde os dez anos. Tras o fracaso do seu primeiro grupo musical de heavy metal ‘Jinete inmortal’, Alejandro Sanz quíxolle dar unha segunda oportunidade á música. Co alcume de Alejandro Magno publicou o disco ‘Los chulos son pa’ cuidarlos ‘de techno-flamenco. Foi en 1991 cando decidiu apostar polo pop-romántico co LP ‘Viviendo deprisa’ co que acadou os primeiros postos das listas de éxitos en España, levandoo a súa primeira xira promocional pola Península. Asentado xa no estilo de poeta musical, Alejandro seguiu publicando discos e colaborando con grandes artistas da talla de Shakira, Malú ou Carlos Vives.

Entradas

As entradas póñense á venda o venres 21 de xullo tanto de maneira presencial como online. Poranse á venda 2.500 tickets de 9:30 h a 13:00 h da mañá, 1.250 a través da web vigoenfestas.com en outras tantas na billeteira do Auditorio do Concello na praza do Rei. A distribución será a mesma para as 2.5000 que se porán á venda na quenda de tarde entre as 16:30 e as 20:30 h . As entradas para o ver a Alejandro Sanz custan 15,00 €.

CONCERTOS CASTRELOS

  • 8 xullo: Andrés Calamaro
  • 15 xullo: David Bisbal
  • 24 xullo: Pablo López
  • 27 xullo: Alejandro Sanz
  • 29 xullo: Coral Casablanca
  • 5 agosto: Beret
  • 10 agosto: Bad Gyal
  • 15 agosto: Ana Mena
  • 20 agosto: David Guetta

ESPECTÁCULOS INFANTÍS

  • 12 xullo: ‘Pinocho’
  • 19 xullo: ‘La ratita presumida‘ de La Murga Teatro
  • 26 xullo: ‘La Rayuela‘ de Martina y los Supersingers
  • 2 agosto: ‘El libro de la selva‘ de El Molino
  • 9 agosto: ‘Tarzán, el musical‘ de Rodetacon Teatro
  • 16 agosto: ‘En Clave de Clown’ de Barafunda Animación

Máis