dani: a idade da inocencia

Sendo filla, sobriña e curmá de músicos, era moi difícil que Daniela Costas non se dedicase a isto. Rosa e Silvino, seus pais, gozaron tiveron gloria de seu nos anos oitenta con Aerolíneas Federales, onde tamén tocaba o seu tío Miguel. Agora tócalle a ela, e semella que os vinte deste milenio serán a súa década. Baixo o apelido artístico de DiCostas, participou en 2018 no concurso televisivo Factor X. Malia chegar bastante lonxe grazas á dozura que ten a súa voz, foi eliminada antes de chegar á última fase. A moza decidiu mirar o lado positivo desta experiencia («Saín en prime time e cantei o que quixen», comentou para o diario El País) e prepararse para unha nova etapa.
Un ano despois, decidiu romper co pasado e empezar desde cero: así naceu dani (si, con minúscula), un novo proxecto musical amparado polo selo discográfico El Volcán Música. En 2020, como non, publicou o álbum debut, Veinte, producido por Aaron Rux, músico experimentado que acompaña a Joe Crepúsculo en directo e no estudio.
Este fragmento pertence ao libro Son da cidade (Galaxia, 2022), escrito por Pablo Vázquez e ilustrado por Denis Carballás. Podes mercarlo na web da editorial premendo aquí.


Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Non é cidade para bibliotecas - 25 Marzo, 2025
- Sacar a lingua de viaxe - 24 Marzo, 2025
- Que queres que se faga no Teatro Cine Fraga? Estas son as peticións máis repetidas - 19 Marzo, 2025
- ACT Galicia, a canteira de intérpretes do noso audiovisual - 11 Marzo, 2025
- Novidades musicais viguesas do primeiro trimestre de 2025 - 7 Marzo, 2025