CAMELIAS MASCOTAS

Cinema ao aire libre e categoría de animación, novidades no Primavera do Cine

Chegou a primavera e con ela chega o festival cinematográfico por excelencia de Vigo: O Primavera do Cine, que se celebrará entre o 8 e o 13 de maio. Neta edición incorpora o apartado de animación que se suma ás tres categorías orixinais: curtametraxes, longametraxes e videoclips.

REVISTA NOVEMBRO

Os organizadores amosan o cartel da nova edición de Primavera do Cine | Primavera do Cine

O Primavera do Cine bate récords. Para esta edición recibiron 283 filmes a concurso, dos que seleccionaron 50 que serán os que se poderán visionar entre o 8 e o 13 de maio. Como novidade este ano o festival incorpora a categoría de animación, un tipo de cinema que cada vez ten máis protagonismo en Galicia. Este novo apartado súmase aos tres habituáis: curtametraxes, longametraxes e videoclips.

Brasil país convidado
Brasil será o país convidado desta sétima edición. Se proxectarán varios filmes que servirán para afondar na cultura cinematográfica brasileira.
As longametraxes poderanse ver no Auditorio do Concello de Vigo, os filmes lusófonos no Instituto Camões e as curtas no Marco. Ademais, o Primavera contará co apoio de dúas sedes máis. Por un lado AFundación, onde terá lugar entre o 9 e o 11 de maio o ciclo de Cine Miúdo, unha actividade infantil que ensina aos escolares de infantil e primaria a relación que existe entre a música e o cinema. Por outro, Multicines Norte, que se unirá á proxección dos filmes galegos.

Cinema ao aire libre
Outra novidade desta edición é que haberá cinema ao aire libre. O 4 e 5 de maio proxectarase o filme 1972, un documental de Roi Cagiao que narra a folga máis grande de Galicia sendo Vigo unha das cidades máis implicadas. A folga conseguiu non só grades dereitos para a clase obreira, senón que tamén tivo en xaque ó réxime franquista durante máis de quince días. O Primavera do Cine en Vigo quere rememorar esta conquista dos traballadores e traballadoras proxectando o filme nos barrios que máis peso tiveron nesta
reivindicación histórica: Coia e Teis.