VIALIA
bannerPicnicSesions

Cinema ao aire libre en Torrecedeira

Volve o cinema ao aire libre ao parque Camilo José Cela. A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Torrecedeira repiten coa súa particular oferta de cinema de balde en maio para conmemorar o aniversario do escritor. Nesta ocasión, proxectarase o filme ‘Rregreso al Futuro’.

Cinema ao aire libre noutro barrio de Vigo | Tamara Novoa

Torrecedeira tamén se reivindica como barrio de Vigo cunha actividade de cine ao aire libre á que están convidados tódolos veciños. Nesta ocasión proxectarase o filme ‘Regreso al Futuro’ no Parque Camilo José Cela a partir das 22:00 horas. A película foi escollida por votación a través dun concurso nas redes sociais. ‘Regreso al futuro’ gañou por goleada quedando diante dos filmes ‘Los Goonies’ e ‘Los Cazafantasmas’. Dende a organización do evento destacan que é unha longametraxe para tódolos públicos que rememora moi bos momentos a todos aqueles que agora están na trintena ou na década dos corenta. Agardan que avós e netos se acheguen para gozar xuntos desta actividade que ten un fin sociabilizador e de promover a vida de barrio.
Non por ser unha actividade gratuíta escatimarase nos medios. A profesionalidade está garantida cun proxector de última xeración con 10.000 lúmenes, sumado a unha pantalla de 5 metros por 2,80 e un equipo de son profesional. Polo que, dende a organización, aseguran que a película se poderá ver e escoitar perfectamente dende calquera punto do parque.
Unha previsión metereolóxica agradable garante o éxito desta actividade, que o ano pasado congregou a preto de 400 persoas coa proxección de ‘ET’.

(GMT+01:00) Parque Camilo José Cela