Ciclo de monólogos no Espacio Mahou do Progreso durante o mes de febreiro
O ciclo ‘Los jueves del humor en Progreso 41’ terá lugar cada xoves no Espacio Mahou e o cartel o conforman David Amor, Ledicia Sola, Quique Matilla e Danny Boy-Rivera.
Maestra de Mahou trae de novo un ciclo de monólogos ao Urban Market do Progreso, que neste caso terá lugar cada xoves de febreiro. Os monologuistas que subirán ao escenario do acolledor Espacio Mahou serán os galegos David Amor, Ledicia Sola e Danny-Boy Rivera e o vallisoletano Quique Matilla.
As invitacións para ‘Los jueves del humor en Progreso 41’ só se poderán conseguir de martes a xoves nos establecementos do mercado a través dunha promoción de Maestra de Mahou. O aforo é limitado, polo que se estás interesado nalgún destes shows é preciso visitar o mercado neses días.
O ciclo o abrirá Danny Boy-Rivera o 7 de febreiro. Tras el, e curiosamente no Día dos Namorados, estará David Amor. O 21 será a quenda de Quique Matilla e Ledicia Sola será a encargada de pechar esta iniciativa de Mahou. Todas as actuacións serán ás 22:00 da noite.