Centros comerciais e barrios celebran unha fin de semana terroríficamente divertida
Esta fin de semana, a cidade olívica transfórmase nun escenario cheo de cabazas, disfraces e diversión para toda a familia. Desde talleres infantís ata pasacalles terroríficos, eventos familiares en centros comerciais, pasando por roteiros terroríficos e talleres creativos. Se buscas unha noite de medo ou unha tarde divertida en familia, as rúas da cidade espéranche cos brazos abertos.
Visitas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró
Como cada ano por estas datas volven as visitas guiadas e teatralizadas ao ceminterio de Pereiró. Personaxes ilustres enterrados aquí, como Concepción Arenal, Irene de Ceballos (muller de Policarpo Sanz), Bernardo González del Valle (Cachamuíña) a Marquesa de Valadares exercen de guías. En total son 63 visitas os días 9, 30 de outubro e o 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 19, 20, 21, 22 de novembro. Os interesados poden anotarse no teléfono 010.
Hospital psiquiátrico de Puro Delirio
Se hai un local en Vigo onde se viven con emoción estas datas, ese é Puro Delirio. Este mes convídannos a visitar o seu hospital psiquiátrico participando nalgunha das súas ceas teatralizadas.
Muertos de risa no Lar das Artes
Chega a noite de Samaín ao Lar das Artes, con concurso de disfraces e concurso de chistes malísimos. Leva preparados os teus chistes e compárteos, gañará o peor. A noite estará amenizada por Dani Lorenzo, humorista e animador e Dj Limón.
Tour especial de Halloween polo estadio de Balaídos
Queres coñecer o icónico estadio Abanca Balaídos, do RC Celta dunha forma difernete? Poderás coñecer cada recuncho e visitar zonas exclusivas pechadas ao público xeral. Ademais de compartir xogos e dinámicas tematizadas co resto de visitantes, coñecerás a historia fantasmal escondida tras as portas deste emblemático estadio e finalizar cunha sorpresa doce.
Exposición ‘Calavera Misteriosa’, de Peltre, en Galería Maraca
O xoves 31 a galería Maraca inaugura a exposición do ilustrador mexicano Ricardo Alonso, coñecido como Peltre. Recentemente chegado de Ciudad de Mexico, o artistas estará esta semana no nosa cidade preparando a mostra e intervindo algunha das paredes do espazo en Galería Maraca, creando algunha peza que formará parte desta exposición.
A Casa Encantada é o espectáculo cheo de ilusión e humor do Mago Paco. E ademais, quen se achegue a celebrar o Samaín á sala Rebullón este xoves 31 poderá gozar dunha boa chocolatada.
Samaín nos barrios
Os diferentes barrios da cidade encheranse de actividades terroríricas nesta semana de Samaín. O Mercado do Calvario acolle unha exposición caracús no Mercado, polo Berbés desfilará a Santa Compaña e os defuntos irán de floliada, en Cabral propoñen unha visita a Casa Musical, en Beade organizan un túnel de terror e en Bembrive van pola 5ª edición da Andaina de Samaín. Tamén hai troula en Bouzas, a zona Náutico, Coruxo, Matamá e Freixo. Mentres que en Lavadores Mexicanos de Galicia celebra o Día de Mortos.
Centros Comerciais
Os Centros Comercias tamén se unen a celebración do samaín cun amplo programa de actividades. En Vialia teñen programadas actividades desde o martes ata o sábado. A Trave Encantada e o nome que o Centro Comercial Travesía deu a festa que celebra o mércores 30 na que haberá desflie de disfraces, flashmob e obradoiros. Tamén hai celebracións no Centro Comercial Camelias e no Gran Vía.
Cea mexicana no restaurante As Cunchas
Son moitos os restaurantes que aproveitan estes días para organizar unha festa temática, é o caso do restaurante As Cunchas que aposta pola cociña mexicana e un concurso de disfraces.
Festa de disfraces en Molotov
Reinaguración da Sala emprazada en Santiago de Vigo cunha festa especial por Samaín este xoves 31 con entrada gratuíta ata a medianoite.
O festival Wake Up! de música electrónica encherá o Ifevi o xoves cunha edición especial Halloween. O cartel está formado por algúns dos nomes máis destacados a nivel mundial como o alemán Klangkuenstler, o británico Ben Sims e figuras emerxentes como a ucraína Daria Kolosova. Completan a listaxe a salmantina Fátima Hajji, o galego Isma B.
Doces de Samaín no Trigal
Non hai celebración que non teña un doce típico. Para festexar o Día de Santos El Trigal elabora osos de santo e os típicos ‘panellets’ cataláns.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024
- Monkey Park, diversión salvaxe en Portugal - 12 Novembro, 2024
- Tea Talk, un sorbo de Asia no corazón da cidade - 7 Novembro, 2024
- Compass, unha experiencia musical de Bach ao jazz máis actual - 5 Novembro, 2024