VIALIA
REVISTA NOVEMBRO

Mago Paco

31out18:00Mago PacoPEQUERRECHOS | De balde18:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

 A semana do Samaín chega forte á Rebullón. Para celebrar o mellor da cultura galega, a Comunidade de Montes de Tameiga programa dous eventos: o concerto de Sangre de Muérdago o mércores 30 ás 21 horas e o xoves 31, desde as 18 horas, toda unha gran festa de Samaín.

Este xoves 31, a festa de Samaín desde as 18 horas. Con entrada de balde, a sala Rebullón acollerá A Casa Encantada, o espectáculo cheo de ilusión e humor do Mago Paco. E ademais, quen se achegue a celebrar o Samaín poderá gozar dunha boa chocolatada.

Que atopou o Mago Paco o día que entrou na Casa Encantada? Quen coñeceu alí? Morcegos, o conde Drácula, Frankenstein e un montón de personaxes “espantabulosas” agardan este xoves polo rapaces e rapazas de Mos, nun espectáculo para todas as idades, con moito humor, risas e imaxinación. A mellor forma de pasar un día terroríficamente divertido.

E ao remate, para aquelas persoas que queiran completar unha noite única, na cantina da CSCD As Pedriñas vaise poder probar uns pratos de medo, grazas á cea especial de Samaín. Desde as 21 horas e só con reserva previa.

Máis

Hora

31 outubro, 2024 18:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events