Camelias acollerá todos os meses unha feira de libros e discos ‘vintage’
Bibliófilos e melómanos están de sorte porque este mes estréase a feira RetroFest en Camelias Centro Comercial, un mercado en que atoparmos libros, discos e casetes antigos, de segunda man, descatalogados, vintage… exemplares curiosos de obras literarias e musicais co obxecto de darlles unha nova vida.
A xerencia do centro comercial aposta por este evento ante o éxito da feira do libro organizada en conmemoración do Día do Libro (23 de abril) e a feira do vinilo de xuño coincidindo co Día Europeo da Música (21 de xuño). Con carácter mensual, a feira celebrarase todas as terceiras fins de semana do mes, facendo da praza de América un lugar de referencia para amantes dos libros e os discos. A organización quere converter o evento nun espazo de intercambio cultural, polo que o mercado será unha columna que sosteña diferentes actividades paralelas, como concertos, presentacións de libros e discos ou recitais de poesía e narrativa.
Todos aqueles profesionais, autónomos ou empresas que teñan unha colección única de libros ou música e queiran participar na feira poden enviar un correo electrónico a info@cameliascc.com para solicitar información sobre as condicións e a dispoñibilidade para participar expoñendo pequenos tesouros ante o público que se achegue á feira do libro e o disco retro.