VIALIA
bannerPicnicSesions

O Ifevi acollerá a primeira feira vegana de Galicia

Vegana.gal, a primeira feira vegana e sostible de Galicia, terá lugar o 23 e 24 de outubro no Instituto Ferial de Vigo e acollerá a 100 expositores que promoven un estilo de vida máis respectuoso co mundo animal e o medio ambiente.

Ademais de 100 expositores relacionados co veganismo, entre o 23 e 24 de outubro Vegana.gal reunirá no IFEVI puntos de información nutricional, zona infantil, representantes de santuarios, refuxios e Oenegués, persoal experto en educación medioambiental e, sobre todo, moita e deliciosa comida vexetal para promover un estilo de vida máis respectuoso co mundo animal e o medio ambiente. O evento será unha feira de mostras inclusiva que quere romper moldes e certos tabúes instaurados en torno ao veganismo dun xeito amable, asertivo e, por que non, tamén divertido.

REVISTA ABRIL

Así mesmo, Vegana.gal procurará visibilizar ás empresas e marcas do sector tanto locais como estatais e mesmo internacionais perante distribuidores e público xeral, tras estes duros e anguriosos meses de pandemia. Coa intención de amosar ao público todo tipo de alternativas e novidades, Vegana.gal abranguerá showcookings, charlas e debates, obradoiros sobre sostibilidade, catas de produtos e moitas cousas máis.

Aínda que o prazo de participación das empresas está aberto ata o 10 de setembro xa hai máis de 60 casetas reservadas entre as que atopamos as seguintes marcas e empresas:

  • Artesanía: Brazolinda, Arrolos de Mai, Nohehandmade, Patapúm, Niki Bambú, Futakuchi, Haciendo el galgo e Traska Artesanía.
  • Alimentación: Greengranel, Conasi, Ideya Verde, Fermento Vegano, Calabizo, Galuriña, C’Alma Fruit, Algamar, Vegetaleso, Shiitake Trives, O Recuncho de Artemisa, Algas la Patrona, Muíño de Espelta, Aceites Abril, Entre Pedras, Vainatti, Shiitake de Trives, Happy Guisante ou Forno Vegano, entre moitos outros.
  • Moda e calzado: Slowcracy, Ecoalkesan, Beflamboyant, Libre de Sufrimiento e NWHR.
  • Cosmética vegana: Akame, Matarrania, Herbes Folles, Ringana ou Xabóns Zorro d’avi.
  • Floristerías como Flores Carochinha,
  • Outros servizos: Teknablue, Nutrisalud ou Ecolivesystem.

As entradas terán un custo de 3 euros, e de 5 euros para todas aquelas persoas que desexen asistir os dous días da feira. Aínda que sairán á venda a primeira semana de setembro, na web do evento, vegana.gal, pódese cubrir un formulario que avisará da disposición das entradas para así poder garantir a súa adquisición.