CAMELIAS MASCOTAS

Beatriz Jaraba introduce o KAP en Vigo

Desde que descubriu esta disciplina en México, a viguesa Beatriz Jaraba (@kap_for_life) busca divulgar coas súas sesións o KAP (siglas de Kundalini Activation Process), isto é, “transmisión energética muy potente y transformadora”. Estará en Vigo o mércores 14 de xuño e podes reservar praza a través de info@kapforlife.es ou por mensaxe directa en Instagram.

A viguesa Beatriz Jaraba lembra que nun momento moi convulso da súa vida KAP cruzouse no seu camiño: “Desde a primeira sesión sentín que marcaba un antes e un despois na miña vida e souben que quería ser facilitadora”, describe. Ese é o nome que reciben as persoas que guían as sesións desta disciplina creada polo norteamericano Venant Wong. En España é unha práctica cada vez máis popular en cidades como Madrid, Barcelona ou Ibiza, malia que en Galicia aínda está a dar os seus primeiros pasos.

Como defenirías este Proceso de Activación de Kundalini? “É unha transmisión enerxética coa finalidade de conectar coa nosa enerxía vital e coa nosa esencia verdadeira“, explica Beatriz. Segundo ela, cos anos esquecémonos desa esencia por bloqueos, traumas e crenzas limitantes, e KAP procura “empoderamiento, maior conexión coa túa intuición, claridade mental, elevación de frecuencia e sentir máis enerxía no teu día a día”.

Hai xusto un ano que Beatriz acudiu a unha formación en Tulum, México, de onde acaba de regresar hai pouco máis dun mes. As súas primeiras sesións foron no país americano, pero tras 12 anos fóra de Vigo sentiu a chamada de volver a casa “e poder expandir esta enerxía pola miña terra e así chegar onde outros non chegan”, lembra.

REVISTA NOVEMBRO

Durante a sesión as persoas tómbanse sobre a súa mat relaxadas, pechando os ollos e respirando con normalidade. Soa a música a un volume elevado e a facilitadora comeza a transmisión, podendo achegarse a tocar e presionar algúns puntos do corpo: “Pode pasar de todo, -explica- desde rir e chorar, pasar por momentos de ensoñación, comezar a bailar… experímentase un gran desbloqueo emocional durante as sesións”. Segundo a súa experiencia, o verdadeiro beneficio vén despois da sesión no día a día, cunha maior vitalidade, enerxía e conexión cun mesmo provocando grandes cambios de vida de dentro cara fóra.

Próximas datas

02/06 Santiago de Compostela
03/06 A Coruña
04/06 Ourense
10/06 Pontevedra
11/06 Porto
14/06 Vigo
17/06 Lugo
18/06 Sarria