VIALIA
bannerPicnicSesions

Barbeira Season fest desvela a primeira cabeza de cartel: Zahara

O festival baionés Barbeira Season Fest segue desvelando sorpresas de cara a setembro. Primeiro soubemos que Pablo Novoa exercerá de director artístico desta edición e que o certame crecerá en días, localizacións e nivel do cartel, sen deixar de lado aos artistas emerxentes cos que naceu. Hoxe desvelaron á primeira cabeza de cartel, a andaluza Zahara.

Non será ata a próxima semana cando coñeceremos o cartel completo da edición 2022 do Barbeira Season Fest, o festival de referencia en pop, indie e rock de Baiona que naceu hai tan só catro anos, pero os organizadores qixeron adiantar un dos grandes nomes que soarán na vila , a cantaurtora Zahara.

REVISTA ABRIL

A organización do festival, que se celebrará entre o 31 de agosto e o 4 de setembro, anunciou tamén que o certame medra en días e contidos e que, ademais, terá lugar en distintos espazos da vila e estará dirixida a diversos tipos de público. No eido musical, haberá grandes nomes, como o de Zahara, que convivirán con grupos galegos, portugueses e internacionais de máis e menos sona.

O público que queira asistir ao Barbeira Season Fest pode mercar xa o abono de lanzamento a un prezo de 35€ na súa web. Este prezo só será durante uns días, antes da seguinte confirmación de cartel. Ademais, todas as persoas usuarias do Carné Xove poderán mercar as entradas ao Barbeira Season Fest cun 15% de desconto.

Se quedaches con ganas de máis música, estes son algúns dos festivais galegos dos que xa coñecemos parte do seu cartel e as datas de celebración:

  • FIV de Vilalba (22-24 de abril, Vilalba): Sen Sera, Viva Suecia, Natallia Lacunza, La La Love You, Rufus T. Firefly e Cupido
  • PortAmérica (2-3 de xuño, Portas):  Andrés SuárezBaiucaCoque Malla, Delaporte, El Columpio Asesino, La La Love You, Lori Meyers, Mikel Erentxun, Natalia Lacunza, Rozalén e Viva Suecia.
  • O Son do Camiño (16-18 xuño, Santiago): The Chemical Brothers, Liam Gallagher, Tiësto, C Tangana, Sebastián Yatra, Rigoberta Bandini, Justice.
  • Resurrection Fest (29 de xuño – 3 de xullo, Viveiro): Avenged Sevenfold, KoRn, Judas Priest, Deftones, Sabaton, Bring Me The Horizon, Rise Against, Mastodon, Opeth e Bullet For My Valentine.
  • The Wild Fest (8-10 de xullo, Vigo)
  • Atlantic Fest (15-17 de xullo, Vilagarcía de Arousa): Andrés Calamaro, Fangoria e Las Nancys Rubias, Los Planetas, Maria Arnall i Marcel Bagés, La casa azul, Rojuu, Los hermanos Cubero, El último vecino, Depresión sonora, Kora, Las dianas e Rocío Saiz
  • 17 Ribeira Sacra Festival (29-31 de xullo, Ribeira Sacra): Teenage Fanclub, Lola Marsh, Maika Makovski, Amorante e Fábrica de Espejos
  • SonRías Baixas (4-6 de agosto, Bueu): Kase.O Jazz Magnetism, Rayden, Arnau Griso, Balkan Paradise Orchestra, Buhos e García Mc & Nación Quilombo
  • Revenidas (7-11 de setembro, Vilaxoán de Arousa): Baiuca, Zoo, SFDK, Lendakaris Muertos, Dubioza Kolektiv e Ladilla Rusa.