CAMELIAS MASCOTAS

A banda viguesa The Riggos lanza o seu primeiro disco este venres

Os novísimos Bruno Costas (voz e guitarra), Yago Ray Costas (batería e coros), Denis Carballás (guitarra e coros) e Arturo Peixoto (baixo e coros) pretenden dar un golpe de efecto este 23F co lanzamento do seu primeiro disco, que levará por título o nome da banda ‘The Riggos’.

REVISTA NOVEMBRO

Ao igual que nos, a banda viguesa The Riggos quere reivindicar que A Movida viguesa non está morta e este venres lanza o seu primeiro disco. “Sempre houberon moitísimos grupos aquí, non hai nada novo niso… pero quedou esa espiniña da movida dos 80 e o de agora como que non existe”, sinalan. Aínda que por idade non viviron os anos da Movida e algo que coñecen ben, pois Bruno e Yago son fillos de Miguel Costas excompoñente de Siniestro Total, ex-Los Feliz, Aerolíneas Federales y Costas. Un feito do que intentan desvincularse, aínda que recoñecen que é un gran apoio poder recorrer a el sempre que teñen dúbidas. “Foi unha casualidade, pero grazas a que Bruno asistiu como público a un dos concertos do seu pai e subiu ao escenario a interpretar un tema, que a produtora Lemuria Music, coa que traballan agora, fixouse nel”.

Tras dous anos traballando no disco, o venres é o día grande, o viven con nerviosismo, pero a vez con moita normalidade, “xa está todo feito, agora só queda esperar a ver como o recibe a xente, se gusta ou non”. Para a presentación en vivo do disco aínda teremos que agardar ao 6 de abril, cando estarán tocando en La Iguana. Pero como eles mesmos explican, o LP non é máis que o directo levado a pistas, “trasladamos as cancións que acostumábamos tocar en directo ao estudio directamente, sen facer moitos arranxos”, explican.

O disco fórmano 14 temas entre os que se inclúen os xa coñecidos ‘Cada vez que abres la boca’, ‘Siguiente nivel’ ou ‘Esperanza cero’. Como todo grupo de punk-rock a reivindicación vai case no ADN da banda. Malia todo, eles aseguran que intentan afastarse da tendencia reivindicativa e, aínda que pode estar presente nalgúns temas por querer falar da realidade, en xeral acostuman a cotar historias da xente do cotiá en situación un pouco subreias e incluso coñeiras.