REVISTA ABRIL

A banda viguesa Nítido lanza o single ‘Cuando todo esto acabe’

Durante o confinamento moitos artistas vigueses lonxe de quedarse de brazos cruzados, aproveitan para crear. É o caso da banda viguesa ‘Nítido’ que a través de Youtube acaban de lanzar novo single ‘Cuando todo esto acabe’.

Os artistas están a ser duramente azotados pola crise do Coronavirus. Concertos cancelados, lanzamentos aprazados e un futuro incerto xa que como sabemos o ocio vai ser o último en volver recuperarse. Pero iso non impide que moitos grupos respondan a crise facendo o que mellor saben facer. É o caso dos vigueses Nítido que lanzan este novo single.

REVISTA ABRIL

Se non os coñecedes, aquí vos deixamos un pouco sobre eles, escrito por eles mesmos:

Nítido é unha banda Pop Rock con aires doutras épocas e renxido de vinilo, que naceu ao longo de 2016 e 2017. O seu primeiro Ep “Vetas” estreouse o 18 de setembro de 2017, interpretado só con guitarra acústica e voz por Adrián Callejo e gravado por Eladio Santos. En abril de 2018, estreouse o seu último single con dobre cara “Todo lo que no se ve | Hasta fin de existencias”, cancións que se reinterpretan con formato de banda, producidas e gravadas por eles mesmos, coa colaboración de Pablo Miguélez á batería. No verán de 2018 uniuse á banda Denis Carballás, completando a formación con Nicolás Durán ao baixo.

Deixámosvos tamén a #SesiónAM que lle gravamos do seu tema ‘Hasta fin de existencias’: