REVISTA ABRIL

Avelino González: “O da interpretación é un oficio moi precario”

[Dentro da programación de Vigo en Festas, Avelino González está a percorrer os barrios da nosa cidade co espectáculos: Contos de aquí. Podes consultar todas as datas da súas actuacións nesta ligazón]

Simpatía, enerxía e humildade son tres palabras que definen ao intérprete galego Avelino González. “Non son só un actor, senón tamén un contador de historias” así é como se define unha figura referente da arte dramática en Galicia. Falamos con Miñato en Padre Casares ou César en Serramoura, sobre contos, espectáculos e outras artes.

”As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” 2004

Avelino González defínese como unha persoa polifacética disposta a actuar, contar e sobre todo, entreter. En poucas palabras “eu quero que a xente se divirta“, así o aclara o dramaturgo. Poderemos gozar da espectacularidade deste home o 3 de agosto no Café Iceberg (Teixugueiras, 29) e o 6 de agosto na Vela (Samil, 16A).

O actor vai presentar Contos de contrabando unha mestura de historias reais e inventadas, ao que Avelino engadía que “son grandes historias cotiás que non interesan pero que eu as conto igual.” É a súa forma de entreter ou a maneira na que somerxe ao público coa súa coidadosa labia a que fai que Avelino González teña unha axenda bastante apertada, aínda que como el di “non suficiente.”

Coa súa longa e abafadora traxectoria sobre e tras os escenarios e cámaras, Avelino González suma xa máis de 20 anos de experiencia que lle dan para falar e moito. “O meu oficio é moi cru e precario” así define a situación dos intérpretes no noso país. Directo e claro, así é González. Quen ademais engadiu que o seu é un traballo non moi valorado e escaso. Sobre todo, no ámbito teatral. Unha casualidade levoulle ao mundo da interpretación: “Eu suspendera selectividade en setembro e para non estar sen facer nada durante un ano, decidín apuntarme a teatro e ata hoxe”. Pero, a pesar da enerxía e positivismo que desprende con cada palabra, o camiño do dramaturgo non foi un camiño de rosas, “algunha vez pensei en deixalo porque non é un traballo fácil gústame.”

REVISTA ABRIL

O versátil actor asevera que el non podería decantarse por un único ámbito escenográfico xa que lle gusta tanto o cine, como a televisión, o teatro ou contar historias. Tanto é así que o seu curriculum vitae abarca unha ampla carreira desde ‘Seis hermanas’, pasando por ‘Serramoura’, ‘Unha hora na vida de Stefan Zweig’ e moitísimo máis.

Este percorrido deulle para coñecer a multitude de persoas do arte dramático e afirma que “volvería traballar con case todos.” Aínda que na memoria de Avelino hai tres figuras que lembra con nostalxia: “Se poidera reviviría a Pico (José Manuel Olveira), María Casares e Marisa Soto.”

A pesar de ter numerosas datas para poder gozar dos seus espectáculos, o actor asegura que “nunca é suficiente”. Commedia de Contraproducciones ou Contos de contrabando son algúns dos espectáculos que poderedes gozar en primeira persoa en diversos puntos xeográficos de Galicia este verán.

(GMT+01:00) Navia

(GMT+01:00) La Vela

The following two tabs change content below.

Uxia Soliño

Iniciou os seus estudos na Filoloxía Hispánica na USC pero abandonouno cando se deu conta que a súa vocación era o mundo audiovisual. Estudando Comunicación Audiovisual na UBU e compatibiliza con UBURadio, onde dirixe e locuta Que me estás cantando. Escribiu o guion da curtametraxe 3:03 que foi galardoada a Mellor Curtametraxe de Ficción no Festival Creando 2019. Amante da fotografía, da radio, da música, dos seus e dos cans. De maior quere ser como Ángel Carmona ou Wilma Lorenzo aínda que se conforma con ser ela mesma, é fan da música e dos concertos improvisados na ducha.