CAMELIAS MASCOTAS

Aurora &The Betrayers, Corizonas e Aphonnic entre as primeiras confirmacións de The Wild Fest

As primeiras confirmacións musicais do The Wild Fest xa están aquí. O certame celebra a súa cuarta edición no merendeiro do Parque forestal de San Miguel de Oia e contará coas actuacións de Aurora &The Betrayers, Corizonas Moonshine Wagon, Aphonnic e a Roda, entre outras moitas actividades ainda por desvelar. Os abonos xa están dispoñibles na plataforma Vivetix.

Corizonas | Cedida

O festival de música e aventura do Parque San Miguel de Oia celebra a súa cuarta edición do 8 ao 10 de xullo e, como nas pasadas ocasións, promete unha programación moi variada na que non faltará a música, tanto en sesión vermú como pola noite, os espectáculos infantís e as propostas activas na natureza.

No apartado musical o certame deu hoxe a coñecer algúns dos nomes das bandas que se subirá ao escenario principal nas noites do venres 8 e sábado 9. Estas son a formación madrileña Aurora & The Betrayers, capitaneada por Aurora García, un grupo inspirado no folk americano e o R&B; Corizonas, a banda de indie rock resultante da unión de integrantes de Los Coronas e Arizona Baby, habituais de escenarios como o Bilbao BBK, Sonorama ou Mad Cool; a potencia metaleira dos vigueses Aphonnic e a sorprendente mestura de bluegrass e metal dos vascos Moonshine Wagon.

REVISTA NOVEMBRO

Ademais, en sesión vermú contarase coa actuación do grupo de música tradicional vigués A Roda, que tomará o relevo de Susana Seivane, quen o ano pasado puxo ao festival en pé a golpe de gaita e pandeiro. A organización do certame seguirá confirmando bandas durante as próximas semanas, tanto para o escenario principal, como para as sesións vermú e de tarde e a zona infantil.

Xunto coa confirmación das primeiras bandas, The Wild Fest pon á venda os abonos a través desta ligazón. Os primeiros 100 a un prezo especial de 27€ e despois a 30€. A entrada para o domingo é gratuíta ata competar aforo.

Por outra banda, o certame ten aberta a inscrición para a OCR, The Wild Race, que se celebra o domingo anterior, 3 de xullo, e qu este ano conta cunha novidade, a Pequerace, unha proba de obstáculos deseñada especialmente para a cativada. A inscrición á carreira pode realizarse en catro modalidades, dependendo do nivel de preparación e esixencia desexado nesta ligazón.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.