CAMELIAS MASCOTAS

Atréveste a retar ao Rey Enigma no xadrez máis grande do mundo?

O Centro Comercial Travesía inaugurou esta mañá un taboleiro de xadrez de grandes dimensións ubicado na praza exterior e porta de entrada do recinto. O primeiro en estrealo foi o Rey Enigma, un afamado axedrecista de identidade descoñecida que estará hoxe e mañá no Centro Comercial, preparado para ser retado por quen se achegue ata alí.

REVISTA NOVEMBRO

Desde o día 13 de agosto celébrase no Centro Comercial Travesía o torneo de xadrez Vigo Master Chess que hoxe sumou dous novos atractivos á súa programación. O primeiro foi a colocación dun taboleiro de xadrez xigante na praza exterior do Centro Comercial, feito con lousas de granito, as súas pezas miden máis de un metro de alto e algunhas, como os reis, chegan a pesar 200 kilos. Por fortuna para quen queira botar unha partida, contan con rodas que facilitan notablemente o seu desprazamento. O taboleiro estará instalado ata o 25 de setembro.

A segunda das actividades é a presenza do Rey Enigma, un misterioso experto neste xogo, que estará dispoñible para ser retado durante as xornadas do venres 10 e sábado 11, na planta superior e no Supermercado Carrefour da superficie comercial. Quen sexa capaz de gañarlle recibirá un vale para cear e ir ao cine. O reto é grande, tal e como demostran os moitos vídeos que circulan pola rede en internet, nos que xoga partidas simultáneas na rúa e ofrece 100 euros a quen consiga gañarlle.

Malia o atractivo e vistosidade destas dúas accións, o prato forte de Vigo Master Chess chegará o 24 e 25 de setembro, coa presenza de Anatoly Karpov, o gran mestre ruso do xadrez, campión do mundo entre 1975 e 1985, e campión mundial versión FIDE entre 1993 e 1999. Karpov ofrecerá charlas e entrevistas, así como partidas de exhibición.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.