VIALIA
CAMELIAS NADAL

As comparsas enchen de cor, música e luz as rúas de Vigo

As rúas de Vigo enchéronse de cor, música, baile e luces co tradicional desfile de comparsas. Un total de 23 agrupacións amosaron ante o público vigués o seu bo facer e as súas ganas de pasalo ben. Às seis da tarde arrancaba a comitiva dende o Nó de Isaac Peral. En cabeza saíu a comparsa de Navia que representou o día de mortos mexicán cunha alegrían pouco típica en pantasmas. Seguíronlle as outras 22 con temáticas ben diferentes. Houbo espazo para a maxia, viaxamos ao país de Alicia e trasladánomos ao lonxano Oeste. Tamén recordamos ao capitán Nemo, facendo un guiño a Verne agora que se cumpren 150 anos dende que o Nautilius entrou na ría de Vigo. O punto sarcástico o puxo a comparsa de Beirán, disfrazados de gaivotas colgaban un letreiro que abogaba por menos humanidade e máis tranquilidade, facendo referencia á petición de que as Illas Cíes sexan nomeadas Patrimonio da Humanidade. Despois de case tres horas de percorrido, o desfile remataba na Porta do Sol a espera de coñecer os gañadores o vindeiro mércores de cinza.