Agasallos cos que acertar este Nadal
Achéganse as datas natalicias e todos os nosos seres queridos agardan expectantes os seus agasallos baixo á árbore ou xunto ao zapato, segundo sexan máis de Papá Noel ou dos Reis Magos. A continuación vos recomendamos locais nos que facer unhas compras que non decepcionarán a ninguén.
NIKIS GALICIA (Praza da Pedra 5 e Porta do Sol)
A roupa sempre é unha boa idea, e máis cando é algo made in Galicia. Camisetas, sudaderas, tazas, axendas, mochilas… todo o que poidas imaxinar con ilustracións e frases para rir a esgalla. Unha forma divertida de reivindicar a nosa propia identidade, desde unha perspectiva contemporanea, enfrentando os iconos actuais e imaxinería popular da que tan orgullosos estamos.
SR. NILSSON (R/ Triunfo, 2)
Seguindo coa roupa, se hai unha tenda especializada en multimarca de sello nacional esa é Sr. Nilsson, situada en pleno Casco Vello. Vestidos, colgantes, pendentes, faldas, tops, chaquetas, bolsos… Visita a súa web para coñecer o seu inabarcable abanico de posibilidades e tendencias.
FLAMINGOS VINTAGE KILO (R/ Doutor Cadaval, 21)
Flamingos é a única tenda da cidade na que poderemos atopar roupa vintage americana ao peso. Prendas atemporais de todo tipo como camisas de franela, petos denim, vaqueiros e xerseis dos 80, gabardinas ou camisetas de fútbol americano son algunhas das cousas que poderás atopar neste paraíso de xoias de outrora.
WOODTOWN (Av. Camelias 20)
Desde 2015, Woodtown quere presentarse non como unha marca, senón como un estilo de vida moderno que encarna o espírito creativo do noso interior. É unha tenda que quere reunir un conxunto de marcas baixo a influencia do skate , o street e o alternativo entre outras tendencias da moda.
DISCOS ELEPÉ (R/ Doutor Cadaval, 35)
Se hai alguén que sabe de música nesta cidade é Suso Hidalgo, que leva á fronte de Discos Elepé catro décadas. Podes botar un ollo aos centos de discos e vinilos que inundan os estantes ou directamente preguntarlle a el, que de seguro acertará na súa recomendación. Se queres poñerlle unha boa banda sonora a este Nadal e ao ano que está a piques de comezar, este é o teu lugar.
LIBROURO (R/ Eduardo Iglesias, 12)
Trátase dunha libraría establecida en Vigo desde o ano 1967, polo que de experiencia na materia van sobrados. Prestan especial atención ao libro en galego, sen descuidar o técnico e de texto. Nela atoparás as últimas novidades da nosa literatura como poden ser os novos traballos de Pedro Feijóo ou Ledicia Costas.
FONSECA (Av. Camelias, 123)
Ademais de ser un lugar idóneo para tomar un café, un té, un viño, un xeado ou un iogur, Fonseca tamén ten á venda produtos delicatesen, cestas e lotes personalizados para todos os gustos e petos, perfectos para gañarte aos teus a través do padal.
QUESUM (Av. Camelias, 121)
Xusto ao carón do Fonseca atopamos este paraíso para os amantes do queixo, onde atopar decenas de queixos nacionais e internacionais. E non só atoparemos lácteos, xa que tamén teñen á venda embutidos, vermús, froitos secos, marmelos, membrillos, cavas, viños… e por suposto cestas para o Nadal, onde te asesorarán segundo o teu gusto e presuposto.
CIBUS NAVIA (R/ Teixugueiras, 29)
Por Navia atopamos este proxecto creado por profesionais de diferentes ramos con ampla experiencia nos seus sectores que se uniron para crear este novo concepto de comercio baseado na calidade e no trato persoal á clientela. Ademais realizan unha forte aposta polo produto galego en cervexas, viños, licores, empanadas, produtos delicatessen… e con servizo a domicilio!