VIALIA
bannerPicnicSesions

Que facer cos pequenos da casa esta Semana Santa

Es dos que quedou en Vigo a pasar a Semana Santa? Estás a procura dalgún plan para facer en familia? Aquí vos deixamos unha pequena relación con propostas para estes días.

REVISTA ABRIL

Foto de Alados Medioambiente

O Recinto Feiral de Vigo, IFEVI, acolle un ano máis un gran parque infantil para ir cos máis pequechos da casa a aproveitar do tempo de lecer durante as vacacións de Semana Santa. Hai pista de patinaxe, deslizador, inchables, tren infantil… O horario é de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. O prezo de entrada é de 4,00€ pola mañá e de 5,00€ pola tarde ata completar aforo.
Espazo Kids Zone no Centro Comercial Gran Vía. Haberá talleres educativos, xogos e actividades para os nenos de 3 a 10 anos con apertura especial os días da Semana Santa. Os festivos o horario será de 17:00 a 21:00 horas agás o sábado que tamén abrirá pola mañá de 12:00 a 14:00 horas. Ademais, todos os sábados os nenos poderán gozar da visita de Doraemon.

Actividades no Museo do Mar. Nas mañás do venres, sábado e domingo haberá obradoiro de arqueoloxía para familias con nenos maiores de 6 anos. Aproveitando o castro que o Museo do Mar ten parcialmente escavado e musealizado os participantes desta actividade se converterán en verdadeiros profesionais da arqueoloxía, para elo, entre outras cousas, realizarán unha escavación arqueolóxica fielmente simulada con pezas orixinais e réplicas exactas. É necesaria inscrición previa (986 24 77 50 ou mail info.museodomar@xunta.es). Tamén no Museo do Mar tódalas tardes se organizan unhas visitas guiadas para coñecer o museo que van dirixidas a tódalas persoas maiores de 6 anos. As visitas comezan as 17:00 horas e tamén é necesaria inscrición previa.

O Centro de Interpretación do Parque Natural Illas Atlánticas, situado no Casco Vello, organiza un ciclo de Cinema en Verde esta Semana Santa. O sábado ás cinco da tarde se proxecta ‘El Libro de la Selva’, un filme para o público familiar. A película conta a historia de Mowgly, un neno criado na selva que vivirá unha aventura de descubrimentos cando se ve obrigado a abandonar este lugar, o único fogar que coñece. Só se permitirá a entrada á sala ata quince minutos despois do comezo da proxección.
O sábado será tamén o derradeiro día para visitar a exposición ‘O mundo das árbores’ na Sala de exposicións II da Sede Afundación de Vigo (Velázquez Moreno, 18) entre as 17:30 e as 20:30 horas. Unha mostra de vinte fotografías das especies de árbores máis importantes e raras da península ibérica. Céntrase especialmente nas especies de Galicia para que os asistentes aprendan a recoñecer e así protexer a flora autóctona. . Ademais, os nenos e nenas que entreguen un debuxo, unha foto ou unha montaxe sobre os nosos bosques conseguirán unha invitación dobre para visitar Naturnova, e verán o seu debuxo exposto nunha das paredes da exposición. A visita ao Centro Interactivo Naturnova é unha actividade que sempre ten éxito entre os cativos.
Ir ao cinema é un acerto especialmente nestes días de choiva que nos acompañan. Para estes días hai en carteleira varios filmes aptos para o público familiar: Peter Rabbit, El hijo de BigFoot, Ferdinand ou Jumanji: bienvenidos a la jungla.