Actividades para celebrar o Día das Letras Galegas
A Concellería de Normalización Lingüística desenvolve ao longo do mes de maio actividades para celebrar o Día das Letras Galegas. Un programa para todos os públicos con diversos formatos, como xogos, contacontos, teatro ou percorridos e no que terá especial protagonismo o autor Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado deste ano.
Para que non te perdas nada deixámosche un breve resumo da programación, consulta todos os detalles na nosa axenda.
PARA OS MÁIS PEQUENOS
- ‘Dende Valdeorras a México. Terra a Nosa!’: Actividade de contacontos ilustrado en homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.
Venres, 6, ás 17:30 na Ludoteca do pavillón de Coia (Avda. de Castelao, s/n)
Domingo, 15, ás 12:30 no Verbum (Avda. de Samil, 17)
Xoves, 26, ás 17:30 na Casa da Xuventude (López Mora, 31)
- ‘O país da choiva‘: Contacontos a cargo do escritor Miguel Anxo Alonso Diz.
Sábado, 7 ás 12:30 no vestíbulo do Auditorio municipal (praza do Rei, 1)
- Contos diversos: Contacontos a cargo de Miguel Anxo Alonso Diz, fomentarase mediante a participación valores de igualdade, respeto e diversidade.
Domingo, 8 ás 12:30 no Verbum (Avda. de Samil, 17)
- Rockeando con Ramona Órbita: Paco Cerdeira, coñecido como ‘Pakolas‘, presentará un espectáculo a través da súa guitarra e a súa voz.
Sábado, 14 ás 12:30 no Verbum (Avda. de Samil, 17)
- Gran xogo sobre as Letras Galegas: Actividade familiar participativa para aprender sobre escritores, actores ou ilustradores mentres pasan un bo rato.
Domingo, 22 ás 12:00 no Verbum (Avda. de Samil, 17)
Inscrición a partir do luns 16 de maio. Deben chamar por teléfono ao 010 ou 986 81 02 60
e indicar os nomes e apelidos das persoas que participarán, as idades das crianzas e teléfono de contacto
Sábado, 28 ás 12:30 no vestíbulo do Auditorio municipal (praza do Rei, nº 1)
Inscrición a partir do luns 23 de maio. Deben chamar por teléfono ao 010 ou 986 81 02 60
e indicar os nomes e apelidos das persoas que participarán, as idades das crianzas e teléfono de contacto
- Percorrido literario “O Vigo dos Cantares” (Rosalía e a familia Chao)
PÚBLICO ADULTO
- ‘Libre coma os paxaros’: Obra teatral sobre Rosalía de Castro
Venres, 20 ás 20:00 no Auditorio municipal (praza do Rei, nº 1)
practicas
Últimos posts de practicas (ver todos)
- Actividades para celebrar o Día das Letras Galegas - 4 Maio, 2022
- Bouzas vístese de festa para o III Concurso de Decoración de Nadal - 30 Novembro, 2021
- Nanomateriais a diario - 6 Maio, 2021
- ‘Mulleres no foco’, os premios do audiovisual feminino - 31 Marzo, 2021