BANNER XERAIS

Presentacións, ‘bookcrossing’ e recomendacións literarias para celebrar o Día do Libro en Vigo

Con motivo do Día do Libro, a partir do martes 22 de abril Vigo énchese de numerosos eventos para celebrar esta festividade, entre os cales poderemos atopar diversas sinaturas de libros e coloquios cos autores , ademais de libros ‘gratis’ por diversos espazos da cidade.

O Día do Libro celébrase este mércores 23 de abril, e a historia da súa celebración remóntase a principios do siglo XX. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e tamén para alentar a todos, en particular aos rapaces máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respetar a contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

En Vigo teremos numerosas actividades para todos aqueles lectores e lectoras que queiran desfrutar deste gran día.

EVENTOS PARA ADULTOS

  • O Corte Inglés contará con diversos autores que estarán firmando e presentando os seus libros. O primeiro evento terá lugar o martes 22 ás 18:00 horas con Reka Refojos asinando exemplares de Detritus; o mércores 23 á mesma hora será o turno de Amara Castro que firmará a súa novela Hasta siempre, Malena Giestal; o xoves 24 tamén á mesma hora, Mav Alonso estará con La herida que me merezco; o venres 25 ás 19:30 horas, Jorge Rial presentará La magia que habita en ti; e finalmente, o sábado 26 ás 17:30 horas, Juan Abalde recibirá aos seus lectores co seu libro Las cuevas de Sóliman.
  • Presentación da novela La Bestia del Silencio de Pluma de Tojo no Centro Comercial Travesía ás 18:30 horas. Esta primeira obra da escritora galega asinada baixo o pseudónimo de Pluma de Tojo, convida ao lector a penetrarse nunha historia potente sobre o trauma, os segredos da infancia e a loita por recuparar a memoria.
  • A Biblioteca Xosé Neira Vilas levará a cabo unha charla sobre o libro Cantos do Mar o mércores 23 ás 19:30 horas.  Trátase da primeira antoloxía comentada e traducida ao galego de cantos de traballo e cancións mariñeiras de folk anglosaxón, datadas entre os séculos XVI e XX. 
  • A Biblioteca Juan Compañel contará cunha exposición para todos os públicos coa que quere describir os elementos constitutivos dos libros impresos e dar a coñecer libros, manuais e materiais que tratan o libro como obxecto. O mércores 23 haberá visitas guiadas ás 12:00 horas e ás 18:00 horas.
  • A biblioteca do MARCO súmase outro ano máis a experienica bookcrossing. De esta maneira, desde o mércores 23 inundará de libros as rúas da cidade, polo que aqueles interesados poderán recoller e ler algún libro. Agora ben, non poderás quedar co libro, posto que o fin desta actividade e que, unha vez disfrutada a lectura, a persoa volva a colocar o exemplar noutro punto distinto do mundo.

ACTIVIDADES PARA OS CATIVOS

  • A libraría Libros para soñar organiza o mércores 23 ás 18:00 horas un contacontos e unha festa de aniversario xunto a O pirata pata de lata, para nenos e nenas maiores de tres anos. Durante o evento, ademais de contar coa presenza dos autores Oli e Ramón Trigo, haberá un 10% de desconto en todas as compras.
  • O venres 25 ás 17:00 horas, Mapis contará cun obradoiro especial inspirado no libro El pollo Pepe. Será para os cativos de máis un ano ou que xa sexan capaces de desplazarse. É necesaria unha inscrición previa no teléfono 604 04 03 71, no seu instagram @mapis.vigo ou na propia tenda.
  • Ciudad Aventura ofrece o venres 25 ás 17:00 horas un obradoiro que contará con contacontos e manualidades.

Ademais destas actividades que se fan con motivo do día do libro, ao longo de toda a semana as bibliotecas e librerías da cidade acollerán, como de costume, numerosas actividades que se poden consultar na nosa axenda.

REGALAR LECTURAS EN GALEGO

Outra boa opción para celebrar esta efeméride e regalar ou autoregalarnos un libro en galego. Tódolos meses a través da sección de literatura de Tensi Gesteira e outros artigos e entrevistas que publicamos na web e na revista recomendamos literatura galega. Entre as nosas últimas recomendacións están Son coma glaciares os barcos de aceiro de Cynthia Menéndez, Mundo oculto. O rescate do unicornio de Ana Vigo, As benfaladas de María Xosé Porteiro, Alén da néboa de Pedro Rodríguez Villar, O albatros negro de María Oruña, Asasinato na casa rosa de Arantza Portabales, I’m Obélix de Raquel Fernández ou Claustro, corda Comensal de Samuel Merino.

Durante a xornada do 23 de abril todos estes títulos ofreceranse na Libraría Librouro cun 10% de desconto. Esta libraría levantada en 1967 por Antón Patiño e Raimunda Pérez, defendeu desde o inicio o papel da literatura galega, mesmo a que se estaba a facer no exilio. De feito, vendían ás furtadelas libros prohibidos polo réxime franquista, como Sempre en Galiza, de Castelao. Agora rexentada polos seus fillos, Xurxo e Nucha, Librouro continúa a erixirse como un bastión cultural na nosa cidade.

REVISTA MAIO