CAMELIAS MASCOTAS

Abren as inscricións para as acampadas familiares en Cíes

O programa Camiño a Camiño propón acampadas familiares en Cíes e Vigozoo para que pequenos e maiores coñezan xuntos o medio no que vivimos. O período de inscrición para participar na primeira acampada nas Cíes abre o luns 14.

Durmir en plena natureza, observar as estrelas e facer algunha ruta e actividade ao aire libre en familia é o que propón o Camiño a Camiño coa actividade de acampadas familiares. Un xeito interesante de coñecer o medio no que vivimos, a través da integración no mesmo. O programa propón catro datas en dúas localizacións: As Illas Cíes (as fins de semana do 19-20 de maio e o 26-27 de maio) ou o albergue de Vigozoo (as fins de semana do 23-24 de xuño e 30 de xuño a 1 de xullo).

REVISTA NOVEMBRO

O luns 14 abre o período de inscrición para a primeira das acampadas en Cíes. Os interesados en participar nalgunha das outras actividades terán que agardar ao luns da propia semana na que se celebra a actividade para se inscribir chamando ao 010 (dende móbil: 986 810 260).

Para as estadías en Cíes hai 100 prazas. O barco partirá da Estación Marítima ás 9:00 da mañá do sábado e volverá o domingo ás 20:00. Haberá que facer unha achega de 7€ por persoa que inclúe o desprazamento. A estadía e a manutención corre a cargo de cada participante.

A acampada en Vigozoo comeza o sábado ás 16:30 horas ata as 13:30 do domingo. Poden participar un total de 12 familias e cada participante terá que achegar 28€ que cubre a estadía e a manutención.